bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 John 1
2 John 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
1
Eu, o Presbítero, escríbolle á señora elixida e mais ós seus fillos, ós que quero na verdade e non só eu senón tódolos que recoñecen a verdade,
2
gracias á verdade que está dentro de nós e que nos acompañará sempre.
3
Obra da verdade e mais do amor será que nos acompañen o favor, a misericordia e a paz que nos vén de Deus Pai e de Xesús Cristo, o Fillo do Pai.
4
Algúns dos teus fillos déronme unha alegría moi grande, cando vin que vivían na verdade, conforme o que o Pai nos mandou.
5
Agora, pídoche, señora, que nos queiramos ben uns ós outros; e con isto non che anuncio un mandamento novo senón o mandamento que recibimos desde un principio.
6
O amor consiste nisto: en vivirmos conforme os seus mandamentos. Este é o mandamento que oístes desde o principio para que vivades conforme el.
7
Agora andan polo mundo moitos sedutores que non profesan que Xesús Cristo veu en carne mortal: Velaí o sedutor e o Anticristo!
8
Mirade por vós mesmos: para non perderdes o que traballastes, senón para recibirdes a paga enteira.
9
Todo aquel que se pasa da raia e non segue a doutrina de Cristo, non ten a Deus consigo. Quen segue a doutrina, ten consigo o Pai e mais o Fillo.
10
Se vos fai unha visita alguén que non traia esta doutrina, nin lle ofrezades pousada nin lle deades a "benvida";
11
quen lle dea a "benvida", faise cómplice das malas obras do tal.
12
Aínda que teño moitas cousas para vos dicir, non o quero facer con papel e tinta. Espero irvos ver e falarvos cara a cara, para que, deste xeito, a nosa alegría sexa completa.
13
Saúdante os fillos da túa irmá, a elixida.
Jump to:
Chapter 1
All chapters:
1