bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
3 John 1
3 John 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
1
Eu, o Presbítero, escríbolle ó benquerido Gaio, a quen amo na verdade.
2
Meu amigo, pido para ti saúde e que o éxito en todos os teus asuntos te acompañe sempre.
3
Canto me alegrei cando chegaron uns irmáns e nos falaron da túa aceptación da mensaxe, de como vives na verdade!
4
Para min non hai alegría meirande ca esta: a de oír que os meus fillos viven de acordo na verdade.
5
Meu amigo, estaste comportando conforme a fe en todo o que fas polos irmáns e maiormente polos irmáns forasteiros.
6
Eles diante da comunidade falaron ben do teu amor. Farías ben en seguir fornecéndoos para a viaxe, como Deus manda.
7
Pois, por mor do Nome marcharon sen recibiren nada dos pagáns.
8
Por iso, nós temos a obriga de axudar a homes coma estes, para sermos colaboradores do anuncio da verdade.
9
Escribinlle unha carta a esa comunidade, pero o dominante Diotrefes non nos acepta.
10
Por iso, cando vos vaia ver, botareille na cara o que fai, as palabras malignas con que nos denigra. Ademais, non satisfeito con isto, nin acepta el os irmáns, nin llelo permite facer ós que os queren aceptar e bótaos fóra da comunidade.
11
Meu amigo, non imites o mal senón o ben. Quen obra ben, vén de Deus. Quen obra mal, endexamais non viu a Deus.
12
Do Demetrio todos falan ben e falan a verdade. E nós tamén falamos o ben e sabes que o noso testemuño é conforme a verdade.
13
Aínda teño moitas cousas que che dicir, pero non o quero facer con tinta e pluma.
14
Espero verte moi axiña e falar cara a cara.
15
A paz sexa contigo. Mándanche saúdos os teus amigos. Saúda ós meus amigos, un por un.
Jump to:
Chapter 1
All chapters:
1