bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Haggai 1
Haggai 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 2 →
1
No ano dous do rei Darío, no mes seis, o día primeiro do mes, veu a palabra do Señor por medio do profeta Axeo a Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e a Iehoxúa, fillo de Iehosadac, o sumo sacerdote, nestes termos:
2
Así fala o Señor, Deus dos Exércitos: "Este pobo anda dicindo: Aínda non chegou o momento de reconstruír o templo do Señor".
3
Pero a palabra do Señor veu por medio do profeta Axeo nestes termos:
4
"É xa tempo para vós de habitardes en casas ben rematadas, mentres este templo está en ruínas?"
5
Pois agora, así fala o Señor dos Exércitos: "Considerade ben o voso comportamento:
6
Sementastes para recollerdes abundantemente, pero recollestes pouco, comestes sen fartarvos, bebestes sen saciarvos do licor, vestístesvos sen sentirdes calor con iso, e o xornaleiro recibiu o xornal en saco roto".
7
Así fala o Señor dos Exércitos: "Considerade ben o voso comportamento:
8
Rubide ó monte, traede madeira e reconstruíde o templo, que eu me compraza nel e nel mostre a miña gloria —di o Señor—.
9
Esperastes facer moito: mirade que pouco; trouxéstelo para casa, pero eu boteino ó vento. Por que isto? —é o Señor dos Exércitos quen fala—. Por culpa do meu templo que está en ruínas, mentres vós vos compracedes cada un na súa casa.
10
Por isto, por culpa vosa, o ceo negou a chuvia e a terra negou o seu froito.
11
Si, eu convoquei a seca sobre a terra e os montes, sobre o trigo, o viño e o aceite, sobre o que a terra fai brotar, sobre os homes e os animais e sobre todos os traballos das mans".
12
Zerubabel, fillo de Xealtiel, o sumo sacerdote Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e todo o resto do pobo, fixéronlle caso á voz do Señor, o seu Deus, e ás palabras do profeta Axeo, tal como encomendara o Señor, Deus deles, e o pobo respectou a presenza do Señor.
13
Axeo, o mensaxeiro do Señor, faloulle ó pobo conforme a mensaxe do Señor: "Eu estou convosco" —é o Señor quen fala—.
14
O Señor espertou o espírito de Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e o espírito do sumo sacerdote, Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e o espírito do resto do pobo. Puxéronse á obra no templo do Señor dos Exércitos, o seu Deus.
15
No ano segundo de rei Darío
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 2 →
All chapters:
1
2