bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Lamentations 3
Lamentations 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 4 →
1
(Alef) Eu son o home que probou a humillación, o pau da ira do Señor.
2
Conduciume e fíxome camiñar na escuridade e non na luz.
3
Si, volve e revolve todos os días contra min a súa man.
4
(Bet) Consome a miña carne e a miña pel, rompe os meus ósos.
5
Crea a miña ruína e asedia a capital e a súa altura.
6
Faime morar nas tebras coma os mortos dos tempos pasados.
7
(Guímel) Encérrame cun muro arredor e non podo saír, volve pesada a miña cabeza.
8
Clamo en voz alta e pido axuda; El córtalle o paso á miña oración.
9
Pecha o meu camiño con pelouros, volve intransitables as miñas corredoiras.
10
(Dálet) El é para min o oso que axexa, o león nos escondedoiros,
11
que dá voltas arredor dos meus camiños para esnaquizarme e volverme unha desolación.
12
Tensa o seu arco e faime ser o branco das súas frechas.
13
(He) Fai entrar nos meus riles os dardos da súa alxaba.
14
Eu son a burla para todos os pobos, a súa copla de cada día.
15
Fártame de amargura e emborráchame de asente.
16
(Vau) Límame os dentes con croios, esmágame contra o chan.
17
Afasta a miña vida da fartura, esquézome da felicidade,
18
e digo: "Acabouse a miña superioridade e a miña esperanza no Señor".
19
(Zain) Lémbrate da miña miseria e do meu desterro, que son asente e veleno.
20
Lémbrate de que a miña culpa está mandando ó abismo a miña vida.
21
Isto traio no meu corazón, por isto teño esperanza:
22
(Het) as bondades do Señor non se acabaron, nin tampouco desapareceron as súas misericordias,
23
pois son novas cada mañá, a túa fidelidade é grande.
24
O Señor é o quiñón da miña herdanza —di o meu corazón—, por isto teño esperanza nel.
25
(Tet) Bo é o Señor para quen espera nel, para aquel que o busca.
26
É bo que un espere en silencio a salvación do Señor.
27
Élle bo ó home cargar co xugo desde a súa xuventude;
28
(Iod) que se sinta só e que estea calado cando o ten que aguantar;
29
que poña a súa boca no po: quizais haxa aínda esperanza!;
30
que ofreza a meixela ó que lle bate e que se farte de oprobios.
31
(Kaf) Certo, o Señor non se afasta para sempre (...);
32
se aflixe, compadécese conforme á abundancia das súas bondades;
33
non oprime de corazón nin aflixe os fillos do home.
34
(Lámed) Cando un esmaga debaixo dos seus pés a todos os prisioneiros do país,
35
cando se torcen os dereitos dun home ante a presenza do Altísimo,
36
cando se lle prexudica a un home no seu xuízo, o Señor non o vai ver?
37
(Mem) Quen é este que falou, e aconteceu? Non llo mandou o Señor?
38
Non sae o mal e o ben da boca do Altísimo?
39
De que se queixa o home? Da vida feliz? De que se queixa o home? Do castigo dos seus pecados?
40
(Nun) Investiguemos o noso comportamento e examinémolo. Convertámonos ó Señor.
41
Levantemos o noso corazón, non as palmas das nosas mans, ó Deus que está no ceo.
42
Nós pecamos e rebelámonos. Ti non nos perdoaches!
43
(Sámek) Cubrícheste de ira e perseguíchesnos, mataches sen teres compaixón.
44
Cubrícheste coa túa nube, para que non pasase a oración.
45
Convértesnos en varredura e esterco, no medio dos pobos.
46
(Pé) Todos os nosos inimigos abren as súas bocas contra nós.
47
A nós tócanos o terror e o foxo, a destrución e a ruína.
48
O meu ollo verte regueiros de bágoas pola ruína da filla do meu pobo.
49
(Ain) Os meus ollos esbagullan, sen pararen, non teñen acougo,
50
Ata que o Señor olle desde arriba e vexa desde o ceo.
51
Os meus ollos quítanme a respiración por causa de todas as fillas da miña cidade.
52
(Sade) Os meus inimigos cazáronme coma un paxariño, sen razón.
53
Quixeron perder a miña vida no pozo, botaron dentro pedras contra min.
54
Cubríronme de auga ata enriba da cabeza. Dixen: "Estou perdido".
55
(Qof) Invoquei o teu Nome, Señor, desde o pozo do abismo.
56
Ti escoitaches a miña voz; non tapaches o teu oído á miña liberación, ó meu clamor de auxilio.
57
Acercácheste o día que eu clamaba a ti. Dixeches: "Non teñas medo".
58
(Rex) Ti, Señor, defendiches a causa da miña existencia, redimiches a miña vida.
59
Ollaches, Señor, a miña opresión, a miña sentencia foi ditada con xustiza.
60
Viches toda a súa vinganza, todas as súas matinacións contra min.
61
(Xin) Escoitaches, Señor, os seus insultos, todas as súas maquinacións contra min,
62
os discursos dos meus adversarios e os seus complots contra min todos os días.
63
Olla atentamente a súa conduta, que eu son a súa cántiga.
64
(Tau) Devólvelles, Señor, o merecido conforme a obra das súas mans.
65
Dálles a cegueira do corazón, que a túa maldición sexa para eles.
66
Persígueos con ira e fainos desaparecer de debaixo do ceo, Señor.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5