bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Obadiah 1
Obadiah 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
1
Visión de Abdías. Así lle di a Edom o meu Señor, Iavé: Oímos unha mensaxe da parte do Señor, un mensaxeiro que foi enviado ás nacións: "Arriba! Poñámonos en pé de guerra contra Edom!"
2
Velaí: convértote no máis pequeno dos pobos, e ben desprezable serás ti,
3
pois seduciute o orgullo dos teus propósitos. Edom mora no refuxio da Pedra, vive na altura pensando para os seus adentros: "Quen me fará baixar ó Abismo?"
4
Pois aínda que subas coma unha aguia, e poñas o teu niño entre as estrelas, fareite baixar de alá —é o Señor quen fala—.
5
Se entrasen en ti ladróns, non che roubarían todo o que lles é preciso? Se che entrasen os salteadores da noite, non serías totalmente destruída? Se entrasen en ti os vendimadores, non che deixarían sen un acio?
6
Como son pescudados os descendentes de Esaú, e rebuscados os seus tesouros!
7
Fante recuar ata a túa fronteira todos os homes que fixeron alianza contigo, engánante e pódenche; a xente que goza en paz da túa fartura devórate, pon lazos debaixo de ti. Non hai en Edom nin miga de intelixencia!
8
Pero o día aquel ——é o Señor quen fala—— acaso non farei desaparecer os sabios de Edom, e a intelixencia da montaña de Esaú?
9
Estarrecerán os teus valentes, Temán, desaparecerán todos da montaña de Esaú. Por causa do asasinato
10
e da violencia contra o teu irmán, Xacob, a vergonza cubrirate e desaparecerás para sempre.
11
O día en que lle mantiñas a súa oposición, cando estranxeiros levaban cativo o seu exército, e cando estraños entraban polas súas portas e botaban sortes sobre Xerusalén, tamén ti eras coma un deles.
12
Non olles con agrado para o día de teu irmán, para o día da súa desgraza. Non te alegres dos fillos de Xudá o día do seu desastre, non abras demasiado a túa boca o día da súa angustia.
13
Non entres pola porta do meu pobo o día da súa calamidade, non olles tampouco ti para o seu mal o día da súa calamidade. Por favor non mandes coma escravos ó teu territorio nada do seu exército o día da súa calamidade.
14
Non te plantes nas encrucilladas dos camiños para acabar cos seus fuxidos, non vendas os que queden o día da angustia.
15
Porque está preto o día do Señor contra todos os pobos: o mesmo que fixeches, faracho El a ti, o teu merecido volverá á túa cabeza.
16
O mesmo que bebestes da miña ira sobre o monte do meu santuario, así beberán da miña ira todos os pobos por quenda; si, beberán e sorberán, e serán coma se non fosen.
17
Pero no monte de Sión haberá supervivencia o monte será santuario, a casa de Xacob recobrará a súa herdanza,
18
A casa de Xacob será lume, a casa de Xosé, labarada, e a casa de Esaú servirá de estopa, que prenderá neles e consumiraos, e non haberá sobrevivente da casa de Esaú. Si!, díxoo o Señor.
19
A casa de Xacob e a casa de Xosé posuirán o Négueb, a montaña de Esaú e mais as Terras Baixas, o territorio dos filisteos; tamén posuirán os campos de Efraím e os campos de Samaría, Benxamín e Galaad.
20
Os deportados, ese exército de fillos de Israel, perseguirán ós cananeos ata Sarpat, e os deportados de Xerusalén que viven en Sefarad posuirán as cidades do Négueb,
21
e subirán, liberadores, ó monte Sión, para gobernar nas montañas de Esaú. Entón o reino será para o Señor.
Jump to:
Chapter 1
All chapters:
1