bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Psalms 119
Psalms 119
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 118
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 67
Chapter 68
Chapter 69
Chapter 70
Chapter 71
Chapter 72
Chapter 73
Chapter 74
Chapter 75
Chapter 76
Chapter 77
Chapter 78
Chapter 79
Chapter 80
Chapter 81
Chapter 82
Chapter 83
Chapter 84
Chapter 85
Chapter 86
Chapter 87
Chapter 88
Chapter 89
Chapter 90
Chapter 91
Chapter 92
Chapter 93
Chapter 94
Chapter 95
Chapter 96
Chapter 97
Chapter 98
Chapter 99
Chapter 100
Chapter 101
Chapter 102
Chapter 103
Chapter 104
Chapter 105
Chapter 106
Chapter 107
Chapter 108
Chapter 109
Chapter 110
Chapter 111
Chapter 112
Chapter 113
Chapter 114
Chapter 115
Chapter 116
Chapter 117
Chapter 118
Chapter 119
Chapter 120
Chapter 121
Chapter 122
Chapter 123
Chapter 124
Chapter 125
Chapter 126
Chapter 127
Chapter 128
Chapter 129
Chapter 130
Chapter 131
Chapter 132
Chapter 133
Chapter 134
Chapter 135
Chapter 136
Chapter 137
Chapter 138
Chapter 139
Chapter 140
Chapter 141
Chapter 142
Chapter 143
Chapter 144
Chapter 145
Chapter 146
Chapter 147
Chapter 148
Chapter 149
Chapter 150
Chapter 120 →
1
(Álef) Ditosos os de conduta impecable, os que andan coa lei do Señor.
2
Ditosos os que observan os seus mandatos e o buscan de todo corazón;
3
os que non cometen iniquidade, e van polos seus camiños.
4
Ti deches os teus preceptos para que se cumpran con esmero.
5
Que a miña conduta sexa firme en gardar os teus decretos.
6
Non sufrirei decepción, se me fixo nos teus ditados.
7
Loareite con recto corazón, ó aprender as túas xustas decisións.
8
Quero cumprir os teus mandatos, endexamais non me abandones.
9
(Bet) Como atinará un mozo no camiño? Gardando a túa palabra.
10
Eu búscote de todo corazón, non me deixes desviar dos teus mandatos.
11
No meu corazón escondo os teus ditos, para non pecar ante ti.
12
Bendito es ti, Señor: ensíname a túa vontade.
13
Cos meus labios eu anuncio toda decisión da túa boca.
14
Na túa revelación teño máis gozo ca en todas as riquezas.
15
Medito os teus decretos e fíxome nos teus vieiros.
16
Atopo consolo na túa lei e non esquezo a túa palabra.
17
(Guimel) Faille ben ó teu servo, para que viva e garde a túa palabra.
18
Abreme os ollos para que vexa as marabillas da túa lei.
19
Eu son na terra un forasteiro: non me escondas os teus mandatos.
20
A miña alma esmorece, arelando sempre as túas decisións.
21
Ti reprendes os soberbios, malditos os que se afasten das túas ordes.
22
Arreda de min aldraxes e desprezos, pois eu gardo as túas revelacións.
23
Aínda que os grandes senten a murmurar de min, o teu servo medita os teus mandatos.
24
Os teus preceptos son a miña delicia eles son os meus conselleiros.
25
(Dálet) A miña alma está apegada ó po; aléntame ti coa túa palabra.
26
Expóñoche os meus camiños, para que ti me respondas e me ensines os teus preceptos.
27
Instrúeme nos teus mandatos e meditarei as túas marabillas.
28
A miña alma chora entristecida; confórtame ti coa túa palabra.
29
Arrédame do camiño enganoso e dáme a graza da túa instrución.
30
Eu elixo o camiño da verdade e fago miñas as túas decisións.
31
Apégame ás túas revelacións; Señor, non me decepciones.
32
Eu corro tras dos teus mandatos, pois ti ensánchasme o corazón.
33
(He) Móstrame, Señor, a vía dos teus mandatos e seguireina ata a fin.
34
Dáme entendemento para observar a túa lei, e gardareina de todo corazón.
35
Diríxeme polo vieiro dos teus mandamentos, pois teño nel o meu contento.
36
Inclina o meu corazón ás túas revelacións e non á miña comenencia.
37
Arreda da vaidade os meus ollos e faime vivir no teu camiño.
38
Confírmalle ó teu servo a túa promesa, a que leva ó teu temor.
39
Tírame do oprobio que temo: os teus xuízos son amables.
40
Mira como amo os teus mandatos; faime vivir na túa xustiza.
41
(Vau) Veña, Señor, a min o teu amor, o teu socorro, conforme a túa promesa.
42
Eu responderei ós que me inxurian que confío na túa palabra.
43
Non quites da miña boca a palabra sincera; eu confío nas túas decisións.
44
Gardarei a túa lei, por sempre, eternamente.
45
Andarei con folgura, porque busco os teus mandatos.
46
Falarei ante os reis das túas revelacións e non me avergonzarei.
47
Fólgome cos teus mandatos e téñolles afecto.
48
Bendigo os teus amados mandamentos e medito na túa lei.
49
(Zain) Lembra a túa promesa ó teu servo, na que fixeches que esperase.
50
Este é o meu conforto na aflición: que a túa palabra me dá vida.
51
Os soberbios búrlanse de min, mais eu non me arredo da túa lei.
52
Recordo as túas decisións doutros tempos e consólome, Señor.
53
Sinto indignación contra os malvados, que abandonan a túa lei.
54
Os teus preceptos son o meu cantar no lugar da miña peregrinación.
55
De noite, Señor, recordo o teu nome e fágolle a garda á túa lei.
56
Isto é o meu: observar os teus mandatos.
57
(Jet) A miña sorte é o Señor: eu propoño observar a túa palabra.
58
De todo corazón busco a túa presenza: apiádate de min, conforme a túa promesa.
59
Examino os meus camiños e volvo cara á túa revelación os meus pasos.
60
Dilixente, non demoro cumprir os teus preceptos.
61
Cínguenme os lazos dos malvados, pero eu non esquezo a túa lei.
62
Érgome á media noite para loarte polas túas xustas decisións.
63
Son amigo dos que te temen e gardan os teus mandatos.
64
Do teu amor, Señor, está a terra chea: móstrame os teus estatutos.
65
(Tet) Ti dáslle bens ó teu servo, Señor, conforme a túa palabra.
66
Dáme bo xuízo e discreción, pois eu teño fe nos teus preceptos.
67
Antes de coñecer a aflición, eu andaba errado, pero agora observo os teus ditos.
68
Ti es bo e dás bens: ensíname a túa vontade.
69
Os soberbios aumentan mentiras contra min, mais eu gardo de corazón os teus preceptos.
70
O seu corazón é craso coma sebo, para min é delicia a túa lei.
71
Foime boa a aflición, para aprender os teus mandatos.
72
A túa vontade é para min mellor ca milleiros de ouro e prata.
73
(Yod) As túas mans fixéronme e formáronme: ensíname a coñecer os teus mandatos.
74
Os que te temen verán e alegraranse de que eu confíe na túa palabra.
75
Eu sei, Señor, que o teu xuízo é xusto e que tes razón de aflixirme.
76
Que o teu amor me console, conforme llo prometiches ó teu servo.
77
Que a túa piedade veña a min e vivirei; a túa lei é a miña alegría.
78
Que se vexan confusos os soberbios que me aflixen sen razón; eu medito os teus preceptos.
79
Que volvan onda min os que te temen e os que coñecen a túa revelación.
80
Que o meu corazón sexa perfecto nas túas normas, para que non sufra decepción.
81
(Kaf) A miña alma eslumece pola túa salvación, eu confío na túa palabra.
82
Os meus ollos devecen pola túa promesa e din: Cando me consolarás?
83
Aínda que estou coma pelica afumada, non esquezo as túas normas.
84
Canto contan os días do teu servo? Cando ditarás sentencia contra os meus perseguidores?
85
Os soberbios cávanme fosas, desprezando a túa lei.
86
Os teus mandatos son firmes; axúdame, que me abouxan sen razón.
87
Por pouco non me borran da terra, pero eu non deixo as túas normas.
88
Polo teu amor, fai que viva e gardarei a revelación da túa boca.
89
(Lámed) A túa palabra, Señor, é eterna, firme coma o ceo.
90
A túa verdade mantense polas xeracións, ti fundaches a terra e permanece.
91
A túa decisión todo o sostén ata hoxe, e todo está ó teu servizo.
92
Se non tivese as delicias na túa lei, xa tería perecido na miseria.
93
Non esquecerei xamais os teus preceptos, pois dásme a vida por eles.
94
Eu son teu, sálvame ti; eu esculco os teus mandatos.
95
Os malvados axexan para perderme, mais eu estou atento á túa revelación.
96
A toda perfección lle atopo un límite, mais o teu mandamento non ten fin.
97
(Mem) Canto amo eu a túa lei! Medito nela o día enteiro.
98
Os teus preceptos fanme máis cordo cós inimigos, pois están sempre comigo.
99
Avantaxo en sabedoría ós meus mestres, porque medito na túa revelación.
100
Son máis asisado cós vellos, porque cumpro os teus preceptos.
101
De todo mal camiño arredo os pés, observando a túa palabra.
102
Non disinto das túas decisións, porque ti es quen me ensina.
103
Que doce é ó meu padal a túa palabra! Máis doce có mel na miña boca.
104
Os teus mandamentos fanme asisado, por iso aborrezo o vieiro enganoso.
105
(Nun) A túa palabra é o faro dos meus pés, a luz do meu camiño.
106
Xurei e cumprireino: observar as túas xustas decisións.
107
As miñas coitas son moi grandes; dáme vida, Señor, conforme a túa promesa.
108
Acepta, Señor, os meus votos e ensíname as túas decisións.
109
A miña vida está decote exposta, pero eu non esquezo a túa lei.
110
Os malvados póñenme trampas, mais eu non me desvío das túas normas.
111
A túa revelación é a miña herdanza duradeira, o gozo do meu corazón.
112
Poño atención en gardar os teus preceptos, por sempre e cumpridamente.
113
(Sámek) Eu aborrezo os hipócritas e teño afecto á túa lei.
114
Ti es o meu refuxio, o meu escudo: eu confío na túa palabra.
115
Arredádevos de min, malfeitores, eu quero cumprir as normas do meu Deus.
116
Sostenme ti, conforme a túa promesa, e vivirei, non decepciones a miña esperanza.
117
Protéxeme e serei salvo; estarei sempre atento ós teus mandatos.
118
Ti rexeitas os que abandonan as túas normas; a súa retranca é enganosa.
119
Coma lixo remove os malvados, por iso eu amo a túa revelación.
120
O meu corpo treme ante ti e venero as túas decisións.
121
(Ayin) Eu practico o dereito e a xustiza; non me entregues ós opresores.
122
Responde polo teu servo, que non me asoballen os soberbios.
123
Os meus ollos devecen pola túa axuda e pola túa palabra xusta.
124
Trata ó teu servo conforme o teu amor, ensíname os teus mandamentos.
125
Eu son o teu servo: dáme intelixencia para coñecer a túa revelación.
126
É hora de que actúes, Señor, pois violan a túa lei.
127
Eu amo os teus mandamentos, por riba do ouro máis puro.
128
Guíome polas túas normas e aborrezo o camiño da mentira.
129
(Pe) A túa revelación é admirable, por iso eu a observo.
130
A ensinanza da túa palabra reloce, fai sabios ós ignorantes.
131
Eu abro a boca e collo alento, arelando as túas normas.
132
Vóltate cara a min e apiádate, como fas cos que aman o teu nome.
133
Afirma os meus pasos nos teus ditos e que a iniquidade non me asoballe.
134
Rescátame da opresión dos homes e gardarei os teus preceptos.
135
Fai brillar ante o teu servo a túa presenza e ensíname os teus mandatos.
136
Regatos de auga corren dos meus ollos, polos que non gardan a túa lei.
137
(Sade) Ti es xusto, Señor, e as túas decisións, rectas.
138
Os teus mandatos son xustos, cumpridamente verdadeiros.
139
Consómeme o celo, ó ver que o inimigo se esquece dos teus ditos.
140
Os teus ditos son ben probados e o teu servo tenlles afecto.
141
Pouca cousa son eu e desprezable, mais dos teus preceptos non me esquezo.
142
A túa xustiza é eterna, a túa lei verdadeira.
143
Angustias e coitas dan en min, mais os teus mandatos son a miña alegría.
144
A túa revelación é sempre xusta: ensíname ti e vivirei.
145
(Qof) Chámote de todo corazón; respóndeme, Señor; eu cumprirei as túas normas
146
Chámote a ti; socórreme; eu observarei a túa revelación.
147
Érgome ó abrente pedindo a túa axuda; eu confío na túa palabra.
148
Os meus ollos adiantan as vixilias da noite, para meditar nos teus ditos.
149
Escoita a miña voz, segundo o teu amor, dáme vida, Señor, conforme a túa decisión.
150
Aproxímanse os que me perseguen con maldade, os que se afastan da túa lei.
151
Ti estás preto, Señor, e os teus preceptos son firmes.
152
Hai tempo que coñezo a túa revelación; ti asentáchela por sempre.
153
(Res) Olla a miña dor e líbrame, pois non me esquezo da túa lei.
154
Defende a miña causa e rescátame, dáme vida, conforme a túa promesa.
155
A salvación está moi lonxe dos malvados que non estudan os teus preceptos.
156
Grande é, Señor, a túa misericordia; dáme vida, conforme a túa decisión.
157
Moitos son os meus perseguidores e opresores, mais da túa revelación non me arredo.
158
Vexo os traidores e sinto noxo de que non teñan en conta os teus ditos.
159
Mira que eu amo os teus decretos; dáme vida, Señor, conforme o teu amor.
160
O principio da túa palabra é a verdade, as túas xustas decisións son eternas.
161
(Sin) Os poderosos perséguenme sen causa, pero o meu corazón respecta a túa palabra.
162
Teño na túa promesa maior ledicia cá do que atopa un grande tesouro.
163
Aborrezo, detesto a mentira e téñolle afecto á túa lei.
164
Lóuvote sete veces ó día, polas túas xustas decisións.
165
Para os que aman a túa lei é todo paz, non hai para eles tropezo.
166
Eu agardo, Señor, o teu socorro, mentres cumpro os teus mandatos.
167
Observo a túa revelación e téñolle moito afecto.
168
Gardo as túas normas e a túa revelación, todos os meus camiños están diante de ti.
169
(Tau) Chegue ata ti, Señor, a miña queixa, dáme sabedoría conforme a túa palabra.
170
Entre na túa presenza a miña súplica, sálvame segundo a túa promesa.
171
Os meus labios publicarán a túa loanza, pois ti ensínasme os teus preceptos.
172
A miña lingua pregoará a túa palabra, pois os teus decretos son xustos.
173
Socórreme coa túa man, pois eu escollo as túas normas.
174
Eu arelo, Señor, a túa salvación, a túa lei é a miña delicia.
175
Que eu viva para loarte e que me axuden as túas decisións.
176
Ando errante coma ovella descarreirada: terma ti do teu servo, pois eu non esquezo os teus mandatos.
← Chapter 118
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 67
Chapter 68
Chapter 69
Chapter 70
Chapter 71
Chapter 72
Chapter 73
Chapter 74
Chapter 75
Chapter 76
Chapter 77
Chapter 78
Chapter 79
Chapter 80
Chapter 81
Chapter 82
Chapter 83
Chapter 84
Chapter 85
Chapter 86
Chapter 87
Chapter 88
Chapter 89
Chapter 90
Chapter 91
Chapter 92
Chapter 93
Chapter 94
Chapter 95
Chapter 96
Chapter 97
Chapter 98
Chapter 99
Chapter 100
Chapter 101
Chapter 102
Chapter 103
Chapter 104
Chapter 105
Chapter 106
Chapter 107
Chapter 108
Chapter 109
Chapter 110
Chapter 111
Chapter 112
Chapter 113
Chapter 114
Chapter 115
Chapter 116
Chapter 117
Chapter 118
Chapter 119
Chapter 120
Chapter 121
Chapter 122
Chapter 123
Chapter 124
Chapter 125
Chapter 126
Chapter 127
Chapter 128
Chapter 129
Chapter 130
Chapter 131
Chapter 132
Chapter 133
Chapter 134
Chapter 135
Chapter 136
Chapter 137
Chapter 138
Chapter 139
Chapter 140
Chapter 141
Chapter 142
Chapter 143
Chapter 144
Chapter 145
Chapter 146
Chapter 147
Chapter 148
Chapter 149
Chapter 150
Chapter 120 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150