bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Thessalonians 3
1 Thessalonians 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 4 →
1
Por iso, non aguantando máis, ordenamos de quedar sós en Atenas
2
e mandarvos a Timoteo, o noso irmán e colaborador de Deus no Evanxeo de Cristo, para vos fortalecer e vos dar azos na vosa fe,
3
A fin de que ninguén se estremeza coas presentes dificultades: ben sabedes vós que para iso estamos.
4
Cando estabamos aínda convosco xa vos avisamos que iades ter que aturar dificultades. E, como vedes, así foi.
5
Por iso, eu tampouco non aguantei máis e mandeino a que se informase da vosa fe; non fose que vos seducise o tentador e o noso traballo resultase estéril.
6
Pero agora, xa chegou Timoteo de onda vós e deunos as boas novas da vosa fe e caridade e de que tedes sempre bo recordo de nós, arelando vernos tanto coma nós a vós.
7
Así, irmáns, en medio de todas as nosas adversidades e tribulacións, vós coa vosa fe dádesnos ánimos,
8
e agora sentímonos vivir sabendo que vós estades firmes no Señor.
9
Con que acción de grazas lle poderemos pagar a Deus por vós, por toda a alegría que pola vosa causa temos diante do noso Deus?
10
Rogámoslle con insistencia noite e día que poidamos visitarvos persoalmente e encher as fallas que teña a vosa fe.
11
Que o mesmo Deus, noso Pai, e o noso Señor Xesús, endereiten o noso camiño cara a vós.
12
E a vós, que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar, como nos pasa a nós respecto de vós.
13
Que El afinque os vosos corazóns nunha santidade sen tacha diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con todos os seus santos.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5