bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Thessalonians 5
1 Thessalonians 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
1
Tocante ó tempo preciso, irmáns, tampouco non precisades que vos escriba,
2
que vós mesmos sabedes á perfección que o "Día do Señor" chegará coma o ladrón pola noite.
3
Cando anden dicindo: "paz e seguridade", daquela caerá de súpeto sobre eles a desfeita, do mesmo xeito que lle veñen as dores á muller embarazada; e, de certo, non han de escapar.
4
Pero vós, irmáns, non estades nas tebras, para que ese día vos sorprenda coma o ladrón,
5
xa que todos vós sodes fillos da luz, fillos do día: non somos da noite nin das tebras.
6
Polo tanto, non adormezamos coma os demais; máis ben, esteamos vixiantes e manteñamos o propio control.
7
Pois os que dormen, dormen pola noite, e os que se emborrachan, emborráchanse pola noite.
8
Pero nós, que somos do día, manteñamos o propio control, revestidos coa coiraza da fe e da caridade e co casco da esperanza da salvación.
9
Pois non nos destinou Deus á ira, senón á consecución da salvación polo noso Señor Xesús Cristo,
10
que morreu por nós para que, vivos ou mortos, pasemos a vivir con el.
11
Polo tanto, aconselládevos e confortádevos uns a outros, como xa o facedes.
12
Rogámosvos, irmáns, que sexades considerados cos que traballan entre vós, presidíndovos no Señor e catequizándovos.
13
Tédeos no máis grande aprecio e amor polos seus traballos; e que entre vós haxa paz.
14
Exhortámosvos tamén, irmáns, a que fagades entrar en razón ós inconstantes, que lles deades azos ós abatidos, que coidedes dos febles e que teñades paciencia con todos.
15
Mirade que ninguén lle devolva a ninguén mal por mal; polo contrario, procurádevos sempre o ben uns ós outros, e a todos.
16
Estade sempre alegres.
17
Orade constantemente.
18
Dade grazas en todas as ocasións: que isto é o que Deus quere de vós coma cristiáns.
19
Non apaguedes o Espírito;
20
non desprecedes as palabras inspiradas.
21
Examinádeo todo e agarrádevos ó que é bo.
22
Arredade de toda especie de mal.
23
Que o Deus da paz vos santifique totalmente: que todo o voso ser espírito, alma e corpo se conserve indemne na Parusía do noso Señor Xesús Cristo.
24
Pois o que vos chama é fiel, e hao facer.
25
Irmáns, rogade tamén por nós.
26
Dádelles o saúdo a todos os irmáns co ósculo santo.
27
Esconxúrovos polo Señor a que se lles lea esta carta a todos os irmáns.
28
Que a graza do noso Señor Xesús Cristo vos acompañe.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
All chapters:
1
2
3
4
5