bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Timothy 1
2 Timothy 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
1
Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus para anunciala promesa da vida que hai en Cristo Xesús,
2
A Timoteo, fillo querido: deséxoche a graza, a misericordia e a paz de Deus e de Cristo Xesús noso Señor.
3
Doulle grazas a Deus, a quen sirvo desde o nacemento con conciencia limpa, porque decote me lembro de ti nas miñas oracións, noite e día.
4
Cando me acordan as túas bágoas, véñenme ganas de te ver para me encher de alegría,
5
lembrando a túa fe sincera, que xa habitou na túa avoa Loide e na túa nai Eunice, e confío que tamén en ti.
6
Por esta mesma causa recórdoche que reavives o carisma de Deus, que hai en ti pola imposición das miñas mans.
7
Porque Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de amor e de sobriedade.
8
Non teñas vergonza de noso Señor, nin de min, preso por el; ó contrario, faite partícipe dos meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus.
9
El vivificounos e chamounos cunha vocación santa, non polas nosas obras, senón polo seu designio e pola graza que nos deu en Cristo Xesús antes de tódolos tempos,
10
e que se manifestou agora pola aparición do noso Salvador, Cristo Xesús. El destruíu a morte e alumeou a vida e a inmortalidade por medio do Evanxeo.
11
Deste Evanxeo constituíronme a min pregoeiro, apóstolo e mestre.
12
Por esta causa precisamente padezo estas cousas. Pero non me importa, porque sei de quen me fiei, e estou certo que é podente para custodiar ata aquel día o depósito que me confiou.
13
Mantén coma regra as palabras saudables que me escoitaches verbo da fe e da caridade de Cristo Xesús.
14
Garda o precioso depósito por medio do Espírito Santo, que mora en nós.
15
Saberás que me plantaron tódolos de Asia, entre eles Fíxelo e Hermóxenes.
16
Concédalle o Señor misericordia á familia de Onesíforo, que me tivo animado moitas veces e non se avergoñou de que eu fora un preso.
17
Aínda máis, cando cheguei a Roma, axiña me buscou e atopoume:
18
que o Señor lle conceda achar a súa misericordia naquel día. E cantos servizos fixo en Éfeso coñécelos ti mellor ca min.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4