bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Timothy 3
2 Timothy 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
1
Ten ben sabido isto: que nos días derradeiros haberá intres difíciles.
2
A xente volverase egoísta, avariciosa, fachendosa, presumida, maldicente, mal guiada cos seus pais, sen caridade, impía,
3
desamorada, falsa, calumniadora, arrogante, ríspeta, inimiga do bo,
4
traicioneira, temeraria, foncha, máis amante do pracer ca de Deus;
5
terá aparencia de piedade, pero renegará da verdadeira forza da mesma. Ti con xente desa non te xuntes.
6
Porque destes son os que se meten nas casas e engaiolan as mulleriñas ateigadas de pecados e empurradas por moitas castes de paixóns,
7
que están sempre aprendendo pero que non dan chegado ó coñecemento da verdade.
8
E da mesma maneira que Ianne e Iambrés se arrepuxeron contra Moisés, así tamén estes se arrepoñen contra verdade: homes de mente estragada, réprobos na fe.
9
Pero non avantarán moito, porque a súa insensatez será manifesta a todos, como o foi a daqueles.
10
Ti, en troques, seguíchesme a min na doutrina, no xeito de vida, nos meus plans, na fe, na paciencia, na caridade, na resistencia
11
ás persecucións e ós sufrimentos (como os que aturei en Antioquía, en Iconio, en Listra). Que grandes persecucións soportei e de todas me librou o Señor!
12
E tódolos que queiran vivir coma bos cristiáns padecerán persecución.
13
Homes ruíns e sedutores irán de mal en peor, enganadores e enganados.
14
Ti mantente no que aprendiches e no que criches, e que non che esqueza quen cho aprendeu.
15
Porque xa desde neno coñeces as letras santas, que son podentes para che facer saber o camiño da salvación pola fe en Cristo Xesús.
16
Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para emendar, para educar na xustiza.
17
Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e competente para toda obra boa.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4