bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Galatians 1
Galatians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 2 →
1
Paulo, nomeado apóstolo non por homes nin por encomenda humana, senón por encomenda de Xesús Cristo e de Deus Pai, que o resucitou de entre os mortos,
2
e mais os irmáns todos que están comigo, ás igrexas de Galacia:
3
Desexámosvos a graza e a paz que veñen de Deus, Pai noso, e mais do noso Señor, Xesús Cristo,
4
quen, conforme ó plan do noso Deus e Pai, se entregou polos nosos pecados, para nos arrincar deste mundo ruín en que vivimos.
5
Que el sexa eternamente glorificado. Amén!
6
Chámame moito a atención que así, tan correndiño, desertedes de quen chamou por vós á graza de Cristo, para vos facerdes doutro evanxeo.
7
Non hai esoutro evanxeo! O que hai e que algúns vos andan a quentar a cabeza coa idea de lle dar outro xeito ó Evanxeo de Cristo.
8
Pois mirade: Malia quen vos predique un evanxeo para engadir ó que vos temos predicado, aínda que fósemos nós mesmos ou un anxo baixado do ceo!
9
E volvo dicir o mesmo que vos dixen: a quen vos vaia cun evanxeo para engadir ó que recibistes, botádeo fóra!
10
Que! Intento eu agora quedar ben cos homes ou con Deus? Ou é que loito por compracer ós homes? Se a estas alturas aínda estivese procurando compracer ós homes, non sería un servo de Cristo.
11
Porque fágovos saber, irmáns, que o Evanxeo que eu predico non é cousa de homes,
12
xa que nin o recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo.
13
Si: vós tedes oído falar das miñas andanzas de cando estaba no xudaísmo; do furor con que dera en perseguir ala Igrexa de Deus;
14
e de como adiantaba eu no xudaísmo máis ca moitos da miña raza e do meu tempo, porque era moito máis fanático das tradicións dos meus devanceiros.
15
Mais cando a Aquel, que xa desde o seo da miña nai me puxera á parte e chamou por min pola súa graza,
16
lle prougo revelarme o seu Fillo, para que volo predicase ós non xudeus, eu sen lle pedir consellos á carne nin ó sangue,
17
sen tan sequera subir a Xerusalén onda os que en ser apóstolos xa me levaban anos, de hoxe para mañá, retireime á Arabia, de onde volvín de novo a Damasco.
18
De alí a tres anos subín a Xerusalén para ir coñecer a Pedro e cabo del fiquei uns quince días.
19
E non vin a ningún apóstolo máis, fóra de Santiago, o parente do Señor.
20
Así Deus me salve, como nos vos minto nisto que vos escribo!
21
Despois chegueime ás terras de Siria e Cilicia.
22
Ora, as comunidades cristiás de Xudea non chegaron a coñecerme de vista;
23
só sentiran dicir: "Disque o que antes nos perseguía, agora predica a fe que asoballaba";
24
e, por isto meu, glorificaban a Deus.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6