bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Galatians 4
Galatians 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 5 →
1
E digo eu: mentres o herdeiro é pequerrecho, con ser o dono de todo, medio parece un escravo;
2
porque, total, está sometido a titores e administradores ata a data sinalada polo pai.
3
Si. Connosco tamén pasou así: cando eramos uns rapaces, estabamos sometidos coma escravos ós elementos do mundo.
4
Mais así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller e suxeito á Lei,
5
para rescatar os que estabamos baixo a Lei e para que recibísemos a filiación.
6
A proba de que sodes fillos del é que Deus mandou ós vosos corazóns o Espírito do seu Fillo que exclama Abbá! (que quere dicir meu Pai!).
7
Polo tanto, ti xa non es escravo, senón fillo. E, por seres fillo, tamén, grazas a Deus, es herdeiro.
8
É certo que daquela, como non coñeciades a Deus, erades escravos de deuses que, ben mirado, non eran deuses.
9
Mais hoxe en día que, en cambio, coñecedes a Deus (ou, mellor dito, que Deus xa vos coñece a vós), como é que volvedes ós miserables e pobres elementos e desexades facervos escravos deles?
10
Andades a gardar certos días, meses, estacións e anos.
11
Total: non sei se non me estaría sacrificando por vós para nada.
12
Meus irmáns, rógovos que vos fagades coma min, que tamén eu me fixen coma vós. Non me ofendestes en nada.
13
Lembrade que, da primeira volta que vos prediquei o Evanxeo, eu andaba un pouco cativo;
14
Así e todo, vós non me desprezastes nin cuspistes no chan por mor daquela miña doenza (que para vós fora unha tentación), senón que aínda me acollestes coma se eu fose un anxo do ceo, coma se fose Cristo Xesús.
15
Onde vai, logo, todo aquel voso contento? Porque vos podo asegurar que daquela, se for posible, erades capaces de vos arrincardes os ollos para mos dar a min.
16
Seica me volvín inimigo voso por vos dicir toda a verdade?
17
Eses que tanto miran por vós, fano raposeiramente, porque o que queren é arredarvos de min, para que os rodeedes de atencións a eles.
18
Pero, ben mellor será que me atendades con sinceridade e sempre, non só cando estou aí.
19
Ai, meus filliños! Que me volven a aguilloar as dores do parto por vós, mentres non vos conformedes segundo a fasquía de Cristo!
20
Convosco un xa non sabe que é o que ten que facer. Quen me dera estar agora aí onda vós: a ver se dicíndovos unhas palabriñas ben ditas...!
21
Dicídeme os que vos queredes someter á Lei: é que non oídes a Lei?
22
Porque está escrito que Abraham tivo dous fillos: un da escrava e o outro da muller libre;
23
e o fillo da escrava naceu como nace todo o mundo, mentres que o fillo da muller libre naceu en virtude da promesa.
24
Todo isto vos quere dicir unha cousa: estas dúas mulleres veñen representar os dous Testamentos. O primeiro concertouse no monte Sinaí; e é Agar
25
("agar" en árabe indica o monte Sinaí); ela dá á luz fillos escravos e corresponde á Xerusalén de hoxe, que vive de escrava coma os seus fillos.
26
En cambio a Xerusalén de arriba é libre. Esta é a nosa nai,
27
porque está escrito: Alégrate ti, aínda que es erma e non dás á luz! Aturuxa, aínda que non che dean vido dores de parto: que a abandonada ha ter máis fillos cá que ten home!
28
Vós, irmáns, sodes fillos da promesa, coma Isaac.
29
Mais hoxe pasa coma daquela: o xerado normalmente anda a paus co xerado espiritualmente.
30
Ah! E que é o que di a Escritura?: Bota fóra a esa escrava e mais o seu fillo: que o fillo da escrava non partillará a herdanza co da libre.
31
Así que, irmáns, nós non somos fillos da escrava, senón da libre.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6