bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Habakkuk 1
Habakkuk 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Oráculo que en visión lle foi encargado ó profeta Habacuc.
2
Ata que día, Señor, hei de estar pedindo auxilio, sen que ti fagas caso? Ata que día clamarei cara a ti: "Violencia", sen que salves?
3
Por que me fas ver a iniquidade e me fas contemplar o crime? Rapina e violencia diante de min: hai rifas e suscítase a disputa.
4
Por iso o fallo xudicial desvirtúase e a sentencia non sae con esplendor. Si, o ruín asedia ó xusto; por iso o veredicto sae pervertido.
5
Ollade para os pobos e observade ben, estarrecede, asombrádevos, que nos vosos días vou realizar unha obra: non a creriades se volo contasen.
6
Si, ollade que eu vou suscitar os caldeos, pobo violento e rapidísimo, que vai percorrer as anchuras da terra, para apoderarse dos lugares que non son seus.
7
É terrible e temible, non recoñece máis có seu dereito e a súa grandeza.
8
Os seus cabalos son máis áxiles cás panteras, máis mordedores cós lobos da tarde. Os seus cabalos galopan, si, os seus cabaleiros veñen de lonxe, voan coma a aguia que se lanza a pico para devorar.
9
Todos eles veñen para causar violencia, o ardor das súas caras é coma o vento soán: amorea cativos coma area.
10
Si, búrlase dos reis, os príncipes son o seu riso. Rise de todas as prazas fortes; fai terrapléns e apodérase delas.
11
Logo cámbialle o aire e vaise. (É culpable, pois converteu a propia forza no seu deus).
12
Non es ti, desde os tempos antigos? Non es ti o meu Deus, o meu Santo que non morre? Ti, Señor, puxéchelo por executor da sentencia, Ti, Penedo firme, establecíchelo para castigar.
13
Os teus ollos son demasiado puros como para ver o mal, non podes contemplar a opresión. Por que contemplas os traidores, e quedas calado, cando o malvado devora a quen é máis xusto ca el?
14
Tratas a humanidade coma ós peixes do mar, coma ós vermes que non teñen quen mande neles.
15
El levanta a toda a humanidade co anzol, érgueos para arriba coa súa rede, e xúntaos na súa cesta: velaí como se alegra e danza.
16
Velaí como ofrece sacrificios á súa rede; e incenso, á súa cesta, pois con elas está ben engraxada a súa ración, e a súa comida, con carne exquisita.
17
Seguirá baleirando constantemente a súa rede, asasinando pobos sen compaixón?
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3