bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Habakkuk 3
Habakkuk 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Oración do profeta Habacuc na ocasión das lamentacións.
2
Señor, oín o teu renome; venerei, Señor, as túas obras. No decurso dos anos fainas revivir, móstraas no decorrer dos tempos; na ira lémbrate da misericordia.
3
Deus vén de Temán; o Santo, do monte Parán. A súa maxestade cobre o ceo, e a terra está chea da súa loanza.
4
O seu brillo é coma a luz, raios de luz saen da súa man. Si, aquí está o segredo da súa forza!
5
Diante del vai a Peste, e a Febre segue as súas pisadas.
6
Levántase El e estremece a terra, olla El e tremen os pobos, féndense as antigas montañas, afúndense os outeiros eternos. Os seus camiños permanecen para sempre.
7
Pola maldade vin axitarse as tendas de Cuxán, tremer de medo o país de Madián.
8
É a ira do Señor a que arde contra os ríos? Si, contra os ríos a túa cólera. Si, contra o mar o teu furor, cando a salvación monta nos teus carros e cabalos.
9
Sacas o teu arco, farto de frechas, ó falares. Arar a terra cos ríos;
10
ó vérente, danzan os montes, pasa unha tromba de auga, e o Abismo lanza a súa voz, o sol levanta ó alto as súas mans,
11
A lúa detén a súa carroza; as túas frechas superan a luz; o escintilar da túa lanza, o resplandor.
12
Con ira fas a túa marcha a través da terra, con furor esmagas as nacións.
13
Saes á campaña para salvar o teu pobo, para salvar o teu Unxido. Esmágaslle a cabeza á familia do impío, íspeslle os alicerces ata o penedo.
14
Atravesaches cos seus propios dardos a cabeza dos xefes, que se lanzaban a dispersarnos. Alegrábanse coma se fosen devorar a un pobre no seu refuxio.
15
Ti pisaches o mar cos teus cabalos, ti, que fas ferver as augas abondosas.
16
Oíno, e estremecéronseme as entrañas; co fragor tremeron os meus labios, a carie penetra nos meus ósos, debaixo de min cambalean os meus pasos. Espero quedo o día da angustia, cando se erga contra o pobo que nos ataca.
17
Velaí a figueira: non florece; e non hai colleita nas viñas, falta a froita da oliveira, e o campo non produce alimento, desaparecen as reses do curral, e non hai gando nas cortes.
18
Pero eu exultarei co Señor, reloucarei co Deus da miña Salvación.
19
Iavé, o meu Señor, é a miña forza, dáme pés de gacela, e faime camiñar sobre as alturas. "Do mestre de coro. Para instrumentos de corda".
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3