bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Malachi 1
Malachi 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Oráculo. Palabra do Señor dirixida a Israel, por medio de Malaquías.
2
Quérovos ben —di o Señor—. Pero vós dicides: "En que nos amosas o teu amor?" "Non era Esaú irmán de Xacob? —é o Señor quen fala— e eu amei a Xacob
3
e menosprecei a Esaú: convertín as súas montañas nunha desolación e deilles a súa herdanza ós chacais do deserto".
4
Si, Edom di: "Estamos destruídos, pero volveremos reconstruír as ruínas". Así fala o Señor dos Exércitos: "Eles reconstruirán, pero eu destruirei, e chamaráselle: Terra da ruindade e Pobo co que o Señor está sempre enfadado.
5
Si, os vosos ollos verano; entón pensaredes: O Señor é mais grande cós lindeiros de Israel.
6
O fillo venera ó pai, e o servo ó señor. Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración? E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?" —dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome. E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"
7
O presentardes sobre o meu altar ofrendas lixosas, dicides: "En que te lixamos a ti?" Cando dicides: "a mesa do Señor é desprezable",
8
e entón ofrecedes un animal cego para sacrificar: non está isto mal? Ofrecedes animal coxo e animal enfermo: non está nada mal? Preséntallo ó teu gobernador. Sentirase agasallado da túa parte ou mostrarache o seu favor? —fala o Señor dos Exércitos—.
9
Pois agora intentade abrandar o rostro anoxado de Deus, mostrarásevos benévolo? Isto está na vosa man, retirará por iso de vós o seu rostro anoxado? —fala o Señor dos Exércitos—.
10
Quen hai de entre vós que queira pechara as dúas portas para non prenderdes en van o lume no meu altar? Non teño ningunha compracencia en vós —fala o Señor dos Exércitos—; non me sinto a gusto coa ofrenda que provén das vosas mans.
11
Certo, desde a saída do sol ata a súa posta é grande o meu Nome entre os pobos, e en todos os lugares arde unha oblación no meu Nome e unha ofrenda pura, porque grande é o meu Nome entre os pobos —fala o Señor dos Exércitos—.
12
Pero vós profanastes o meu Nome ó dicirdes: "A mesa do Señor está lixosa e a súa comida é desprezable".
13
Si, vós dicides: "Ollade, que traballo!" e desprezades a comida —fala o Señor dos Exércitos—, pero traedes do que collestes. Si, o animal coxo e enfermo, ese é o que traedes de ofrenda. Podo eu recibila con gusto das vosas mans? fala o Señor.
14
Maldito sexa o tramposo, que ten no seu rabaño un macho, pero cando fai voto, ofrécelle en sacrificio ó seu Señor algo desprezable. Pois eu son o grande Rei —fala o Señor dos Exércitos—, e o meu Nome é temible entre os pobos.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3