bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Malachi 3
Malachi 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega —fala o Señor dos Exércitos—.
2
Quen aguantará o día da súa chegada? Quen se manterá de pé cando El apareza? Si, El será coma o lume do fundidor, coma a lixivia dos que lavan.
3
Sentarase coma o fundidor que refina a prata, refinará os fillos de Leví e purificaraos; coma a prata e coma o ouro, así serán para o Señor os que presenten a ofrenda con xustiza.
4
Entón seralle agradable ó Señor a ofrenda de Xudá e Xerusalén, coma nos días remotos, coma nos anos antigos.
5
Entón achegareime a vós para o proceso xudicial, e serei acusador aleuto contra os feiticeiros e contra os adúlteros, contra os que xuran en falso e contra os que abusan do pagamento do xornaleiro, da viúva e do orfo, e rebaixan os dereitos do emigrante. Pero non me teñen medo —fala o Señor dos Exércitos—.
6
Eu son o Señor, non cambiei, pero vós, fillos de Xacob (do que engana) aínda non acabastes.
7
Si, desde os días de vosos pais vídesvos apartando dos meus preceptos, e non os gardades. Volvede a min, e eu volverei a vós —fala o Señor dos Exércitos—. Pero vós dicides: "En que temos que volvernos?"
8
Pode un home roubar a Deus? Pois vós estádesme roubando a min. E dicides: "En que che roubamos?" "Nos décimos e nas primicias".
9
Coa maldición estades sendo malditos, pero seguides roubándome vós, o pobo enteiro.
10
Traede todo o décimo á casa do tesouro. Para que haxa comida no meu templo. Si, poñédeme a proba —fala o Señor dos Exércitos—, para ver se eu non vos abro as comportas do ceo, para librar sobre vós a bendición ata que nada quede na miña man.
11
Rifaríalle en favor voso ó saltón, para que non vos destruíse o froito da terra, e para que a viña no campo non vos quedase sen uva —fala o Señor dos Exércitos—.
12
Entón proclamaríanvos ditosos todos os pobos, pois sodes un país de felicidade, —fala o Señor dos Exércitos—.
13
Os vosos ditos contra min son duros —fala o Señor—. Preguntades: "Que dixemos nós contra Ti?"
14
Dicides: "É cousa inútil servir a Deus! Que proveito quitamos de gardar os seus mandamentos, e de camiñarmos en penitencia na presenza do Señor dos Exércitos?
15
Agora nós declaramos felices os soberbios: Si, os que cometen maldades prosperan, poñen a proba a Deus, líbranse".
16
Deste xeito falan entre eles os que respectan o Señor, cada un co seu próximo, pero o Señor préstalles atención e escóitaos, pois o libro das lembranzas estase escribindo na súa presenza, por mor dos que temen o Señor e estiman o seu Nome.
17
Serán para min —fala o Señor dos Exércitos— propiedade persoal no día en que eu actúe, porque lles perdoarei o mesmo que un home perdoa o fillo obediente.
18
Entón veredes de novo a diferenza entre o xusto e o malvado, entre quen serve ó Señor e quen non o serve.
19
Pois velaí chega o día: abrasará coma un forno, e os soberbios e todos os que cometen a maldade serán palla. Si, o día que chega será a vosa queima —fala o Señor dos Exércitos—: non vos deixará raíz nin póla.
20
Brillará para vós, os que respectades o meu Nome, un sol de xustiza, que trae saúde nas súas ás. Vós sairedes e brincaredes coma becerros ceibos:
21
esmagaredes os malvados, pois serán po baixo a planta dos vosos pés, no día en que eu actúe —fala o Señor dos Exércitos—.
22
Lembrádevos da lei de Moisés, o meu servo, lei que eu lle ordenei no Horeb, preceptos e decretos para todo Israel.
23
Vede: eu vouvos mandar o profeta Elías antes de que chegue o día do Señor grande e temible:
24
El fará volver o corazón dos pais cara ós fillos, e o corazón dos fillos cara ós pais, non sexa que eu me vexa obrigado a vir para castigar o país co exterminio sagrado.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3