bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zephaniah 1
Zephaniah 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Palabra do Señor dirixida a Sofonías, fillo de Cuxí, fillo de Guedalías, fillo de Amarías, fillo de Ezequías, no tempo de Ioxías, fillo de Amón, rei de Xudá.
2
Vou acabar con todo, borrareino da face da terra —é o Señor quen fala—.
3
Vou acabar co home e co animal, vou acabar co paxaro do ceo e co peixe do mar e coas cousas que fan descamiñar ós malvados. Si, vou arrincar o home da face da terra —é o Señor quen fala—.
4
Vou estender a miña man contra Xudá e contra todos os habitantes de Xerusalén. Vou arrincar deste santuario todo o que queda de Baal, e o nome dos seus ministros, xunto cos sacerdotes:
5
ós que se prostran nos tellados adorando ó exército do ceo, ós que se prostran xurando por Iavé e ó mesmo tempo xuran polo seu rei;
6
ós que deixan de seguir o Señor e non buscan o Señor nin o procuran.
7
Silencio ante a presenza do meu Señor, Deus! Está preto o día do Señor. Si, xa preparou o Señor o sacrificio, xa consagrou os invitados.
8
O día dos sacrificios do Señor sucederá que eu lles pedirei contas ós ministros e ós fillos do rei e a todos os que se visten con vestidos estranxeiros.
9
Pedireilles contas no día aquel a todos os que saltan ó estrado ós que enchen de violencia e engano as casas dos seus señores.
10
Sucederá o día aquel —é o Señor quen fala—: Un fragor de berros de auxilio que sae da Porta dos Peixes; un ruído de lamentos que vén da Vila Nova; un estrondo de derrubamento que vén dos outeiros.
11
Lamentaranse os habitantes da Canteira, porque quedou en silencio o fato dos mercadores, desapareceron todos os pesadores de prata.
12
Sucederá naquela hora: Pescudarei a Xerusalén con lámpadas, pedireilles contas ós homes satisfeitos polos froitos que producen, dicindo nos seus corazóns: "O Señor nin fai ben nin fai mal".
13
Certo, as súas riquezas serán para botín e as súas casas para o arrasamento. Si, construirán casas, pero non as habitarán, plantarán viñas, pero non beberán o seu viño.
14
Está cerca o grande día do Señor, próximo e a caer. Amargo é o día do Señor, berra de medo o mesmo guerreiro.
15
Día de furor será o día aquel, día de angustia e apuros, día de desastre e desolación, día de tebras e escuridade, día de nubes e trebóns,
16
día de toques de corno e gritos de guerra, contra as altas fortalezas, e contra as torres ergueitas.
17
Provocarei angustias na xente e camiñarán coma cegos, porque pecaron contra o Señor. O seu sangue será estendido coma o po, e as súas entrañas coma o esterco.
18
Non os salvarán nin a súa prata nin o seu ouro. No día da ira do Señor, co incendio do seu celo, toda a terra será devorada: vai facer o exterminio —que terrible!— de todos os habitantes da terra.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3