bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zephaniah 2
Zephaniah 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
1
Póndevos de acordo, xuntádevos, pobo que non se anima,
2
Antes de que o furor dese día se estenda coma a muíña, antes de que veña sobre vós o ardor da ira do Señor, antes de que veña sobre vós o día da ira do Señor.
3
Buscade o Señor, todos os pobres do país, que cumpristes os seus decretos, buscade a xustiza, buscade a humildade. Quizais poidades escondervos no día da ira do Señor.
4
Si, Gaza quedará abandonada, e Axquelón ficará arrasado. A Axdod expulsarano á luz do mediodía, e Ecrón será arrincado de raíz.
5
Ai de vós, habitantes da beira do mar, pobo dos cretenses, a palabra do Señor vai contra vós, cananeos; país dos filisteos, si, voute arrasar ata que non quede habitante.
6
A beira do mar será lugar de festa para os pastores e cercado para os rabaños.
7
Si, a beira do mar será para o resto da casa de Xudá. Eles levarán a pastar á beira do mar, e pola noite deitaranse nas casas de Axquelón, cando os visite o Señor, o seu Deus, e os faga volver da súa catividade.
8
Escoitei os insultos de Moab e os desprezos cos que os fillos de Amón insultaron ó meu pobo, eles que se engrandeceron a costa das miñas fronteiras.
9
Por isto, pola miña vida —oráculo do Señor— dos Exércitos, Deus de Israel— xuro que Moab se volverá coma Sodoma, e os fillos de Amón coma Gomorra: campo de silvas, pozo de sal e desolación para sempre. O resto do meu pobo saquearaos, os que queden da miña nación herdaranos.
10
Isto aconteceralles en paga pola súa soberbia, por insultaren e se engrandeceren á costa do pobo do Señor dos Exércitos.
11
O Señor será terrible contra eles, pois El debilita o poder de todos os deuses da terra, e todas as nacións da costa, cada unha desde o seu sitio, prostraranse en adoración diante del.
12
Tamén, vós, cuxitas, seredes acoitelados coa miña espada terrible.
13
Si, El estenderá a súa man contra o norte, e destruirá Asiria, converterá Nínive nunha desolación, nun sequeiro coma o deserto.
14
No medio dela deitaranse os rabaños, os outros animais e maila xente. Tanto o pelicano coma o moucho pasarán a noite nos seus capiteis. O ruído pasa polas fiestras, a calor pola porta de entrada, pois quedou destruída a madeirame de cedro.
15
É esta a cidade ledamente ruidosa, a que reinaba na seguridade, e que dicía no seu corazón: "Eu e ninguén máis"? Como se volveu unha desolación, cubil de feras? Todo o que pase por medio dela asubiará e axitará a súa man.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3