bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Peter 2
1 Peter 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 3 →
1
Así que, espídevos de toda maldade, de toda mesquindade e finximento, da envexa e de falar mal dos outros.
2
Coma nenos que acaban de nacer, ansiade o leite puro, o espiritual, que recibistes no bautismo, para medrardes con el en orde á salvación,
3
xa que probastes o bo que é o Señor.
4
Ó achegárdevos ó Señor, pedra vivificadora de refugallo para os homes, pero pedra escollida e apreciada ós ollos de Deus,
5
sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da construción do templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para ofrecer ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo.
6
Por iso lese na Escritura: Ollade que eu poño en Sión unha pedra angular, escollida e digna de honra, de xeito que quen fíe nela, non levará desengano.
7
A súa honra é para vós os que credes, pero para os que non cren é a pedra que refugaron os canteiros e que se converteu en esquinal
8
e aínda máis: en pedra onde se tropeza, en couce onde un se esnafra. Eles tropezan contra a Palabra, porque non lle fixeron caso: tropezar era o seu destino.
9
Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.
10
Vós, os que antes non erades pobo, agora sodes o pobo de Deus; ninguén se compadecía de vós, pero agora atopastes quen se compadeza de vós.
11
Meus amigos, recoméndovos que, coma forasteiros e emigrantes que sodes, vos manteñades lonxe dos baixos desexos que loitan contra nós.
12
Entre os pagáns mantede un comportamento honrado, para que, aínda que vos calumnien polo voso comportamento coma malfeitores, ó veren as vosas obras boas, acaben por dar gloria a Deus, o día que El os visite.
13
Sometédevos ante toda institución humana por mor do Señor, ora sexa o emperador, coma soberano que é,
14
ou os gobernadores, coma delegados seus, para castigar os malfeitores e premiar ós que fan o que está ben.
15
Porque isto é o que Deus quere: que portándovos ben, lle tapedes a boca á ignorancia dos estúpidos.
16
Isto facédeo coma xente libre de verdade e non coma quen toma a liberdade para tapar a ruindade, senón coma servidores de Deus.
17
Tede consideración con todo o mundo, querede ben ós irmáns, respectade a Deus, honrade o emperador.
18
Os criados sometédevos ós vosos amos con todo o respecto; non só ós que son bos e comprensivos, senón tamén ós que son tortos,
19
pois o mérito está en que un, dándose conta de que Deus o quere, ature mágoas inxustamente sufridas.
20
Porque que mérito ten que aguantedes que vos enchan de labazadas por vos portardes mal? Pero, se vos portades ben e, mesmo así, aguantades sufrimentos, isto é precioso ós ollos de Deus.
21
De feito chamouvos Deus para isto, porque tamén Cristo sufriu por vós, deixándovos así un exemplo para que sigades os seus pasos.
22
El, que non fixo pecado, nin engano se atopou na súa boca,
23
cando o aldraxaban, non devolvía aldraxes; mentres sufría, non ameazaba, senón que se puña nas mans do que xulga con xustiza.
24
No seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz, para que nós, mortos ó pecado, vivamos para a xustiza: curáronnos as súas chagas.
25
Erades coma ovellas extraviadas, pero agora volvéstesvos ó voso pegureiro e pastor.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5