bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Peter 5
1 Peter 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
1
Os responsables das vosas comunidades, exhórtoos eu, responsable coma eles, que fun testemuña dos padecementos de Cristo e que terei parte convosco na gloria que está para se manifestar:
2
coidade o rabaño de Deus, que está á vosa garda; mirade por el, non por pura obriga senón, como Deus quere, de boa gana; nin por baixos intereses de lucro senón porque vos agrada;
3
nin dándovolas de señores dos que se vos encomendaron senón facéndovos exemplo para o rabaño.
4
Así, cando apareza o supremo Pastor, recibiredes a coroa da gloria, que nunca murcha.
5
Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.
6
Por iso vós facédevos humildes, para estardes baixo a man poderosa de Deus, de xeito que El vos levante no intre oportuno.
7
Botade sobre Deus todas as vosas ansias, que El coida de vós.
8
Pero comede e bebede con regra. Alerta! Que o voso inimigo, o demo, bruando coma un león, anda ó arredor á procura de quen engulir.
9
Resistídelle firmes na fe, sabendo que os mesmos sufrimentos lles están reservados ós vosos irmáns en todo o mundo.
10
Pois Deus, de quen vén toda a graza e que vos chamou por medio de Cristo á súa gloria eterna, despois dun pouco de sufrimento, El mesmo vos porá en forma, vos volverá firmes, fortes e vos dará estabilidade.
11
El ten poder polos séculos dos séculos. Amén.
12
Do puño de Silván, irmán fiel así o considero, escribinvos esta pequena carta, para vos exhortar e asegurar que esta é a verdadeira graza de Deus. Afincádevos ben nela.
13
A comunidade escollida coma vós, que vive en Babilonia, mándavos saúdos e tamén o meu fillo Marcos.
14
Saudádevos uns ós outros cun bico de irmáns. Paz a todos vós, os cristiáns.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
All chapters:
1
2
3
4
5