bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Peter 4
1 Peter 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 5 →
1
Pois, xa que Cristo padeceu na súa carne, armádevos tamén vós da mesma idea: que quen sofre na carne rompe co pecado;
2
de xeito que vivades o resto da vosa vida corporal para cumprirdes a vontade de Deus e xa non para satisfacer as paixóns humanas.
3
Pois o tempo pasado foi máis que de abondo para vivirdes vós en plan pagán, afeitos como estabades á luxuria e ós vicios, ás orxías, esmorgas, borracheiras e infames idolatrías.
4
E así estráñanse ó ver que non corredes con eles, coma de costume, a estragar cartos e á inmoralidade, e insúltanvos.
5
Xa darán contas a Aquel que está preparado para xulgar vivos e mortos;
6
pois para isto se lles predicou o Evanxeo mesmo ós mortos: para que, en recibindo na súa carne mortal a sentencia común a todos os homes, poidan vivir no espírito coa vida de Deus.
7
E, por outra banda, a fin de todo está cerca; polo tanto, tede control e regra con vós mesmos para poderdes rezar.
8
Antes que nada, esforzádevos no amor duns ós outros, porque o amor tapa moitos pecados.
9
Dádevos pousada uns ós outros sen murmurar.
10
Cada un esfórcese en servir os outros cos seus dons, os que de Deus recibiu, como corresponde a bos administradores dos diferentes dons de Deus.
11
Quen fala, que sexa voceiro de Deus; quen sirva, que o faga coa forza que Deus lle dá, para que en todo Deus reciba gloria por medio de Xesús Cristo. A El pertencen a gloria e o poder polos séculos dos séculos. Amén.
12
Meus amigos, saíde do medo que vos deu o incendio que xurdiu entre vós, para vos poñer a proba, coma se vos viñese enriba algo estraño.
13
Máis ben alegrádevos, conforme ides tendo parte nos sufrimentos de Cristo, para que deste xeito cando se manifeste a súa gloria poidades tamén alegrarvos xubilosos.
14
Se se burlan de vós por serdes cristiáns, felicitádevos, porque o Espírito da gloria, isto é, o Espírito de Deus, permanece sobre vós.
15
Que ninguén de vós siga sufrindo por ser asasino ou ladrón ou mala persoa ou un entremetido;
16
pero, se sofre por ser cristián, que non teña vergonza, máis ben que loe a Deus polo título que ten.
17
Isto quere dicir que chegou o tempo do xuízo, comezando pola casa de Deus. Ora, se os seus principios en nós son así, cal será a fin dos que se rebelan contra o Evanxeo de Deus?
18
Se caro lle custa ó xusto salvarse, que non será do impío e pecador!
19
En conclusión: os que sofren conforme á vontade de Deus, facendo sempre o ben, encoméndense ó Creador que é fiel.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5