bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Peter 1
2 Peter 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Simón Pedro, servidor e apóstolo de Xesús Cristo, ós que tiveron a sorte de recibir unha fe de tanta estima coma a nosa, debido ó xusto reparto de Xesús Cristo, noso Deus e Salvador:
2
que vos aumente a graza e a paz, ó irdes coñecendo mellor a Deus e a Xesús, noso Señor.
3
O coñecermos a Aquel, que nos chamou coa súa propia gloria e coa súa forza, o seu poder divino convidounos con todo canto precisamos para a vida e para a piedade.
4
Con esa gloria e esa forza tamén nos convidou ós máis preciosos e mellores bens prometidos, para que por estes bens, fuxindo da podremia que o egoísmo produce no mundo, sexades partícipes da natureza de Deus.
5
Por iso mesmo, con toda a dilixencia, coidade fomentar coa vosa fe a virtude; coa virtude, o xuízo moral;
6
co xuízo moral, o dominio de vós mesmos; co dominio de vós, a constancia; e coa constancia, a piedade;
7
coa piedade, o agarimo de irmáns; e co agarimo, o amor.
8
Pois ben, se xa sodes donos destas boas calidades e van en aumento en vós, non vos deixarán ser nugalláns e estériles para conseguirdes coñecer o noso Señor Xesús Cristo.
9
Porque o que non as ten é un cego, que non ve de lonxe, xa que lle esqueceu a purificación dos seus pecados pasados.
10
Por isto, irmáns, esforzádevos cada vez máis en asegurarvos a chamada e a elección que se fixo de vós. Se obrades así, endexamais non fracasaredes,
11
pois deste xeito hásevos franquear a entrada no Reino eterno do noso Señor e Salvador Xesús Cristo.
12
E así eu teimarei sempre en vos lembrar estas cousas, aínda que xa as coñecedes e estades firmes na verdade que recibistes.
13
Mentres vivo nesta tenda, penso que é o meu deber espertarvos cun testamento espiritual,
14
sabendo que logo teño que abandonar a miña tenda, como mostrou o noso Señor Xesús Cristo.
15
Coidarei, logo, de que, en toda ocasión, aínda despois da miña morte, vos poidades lembrar destas cousas.
16
Se vos demos a coñecer a vinda poderosa do noso Señor Xesús Cristo, non foi guiándonos por contos argallados con habilidade, senón porque fomos testemuñas oculares da súa grandeza.
17
Pois recibiu honor e gloria de parte de Deus Pai, cando desde a sublime Gloria lle chegou aquela voz tan especial: "Este é o meu Fillo, o meu predilecto, o Fillo do meu contento".
18
Esta voz oímola nós vir do ceo, estando con el no monte santo.
19
Deste xeito temos confirmación da palabra profética, á que facedes ben en estardes atentos, coma un candil aceso en lugar escuro, ata que alborexe o día e o luceiro da alba naza nos vosos corazóns.
20
Antes que nada, dádevos conta disto: que ningunha profecía da Escritura é obxecto de interpretación privada.
21
Porque ningunha profecía se fixo por proxecto de home senón que, sendo homes, falaron de parte de Deus, levados polo Espírito Santo.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3