bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Peter 3
2 Peter 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Meus amigos, esta xa é a segunda carta que vos escribo; nas dúas quero avivecer o voso espírito sincero cun testamento espiritual,
2
para que vos acorden as palabras que en tempos dixeron os santos profetas e o mandamento do Señor e Salvador, que vos transmitiron os vosos apóstolos.
3
Antes de nada, tede presente que nos derradeiros días virán uns que farán riso de todo e que se comportarán segundo os seus propios antollos.
4
Estes dirán: "Que queda da promesa da súa volta? Pois desde que morreron os nosos pais, todo segue igual que estaba desde o principio do mundo".
5
Pero así esquécense adrede de que o ceo existe desde antigo e de que, pola palabra de Deus, a terra se formou da auga e subsiste mediante a auga.
6
E por isto o mundo de entón pereceu alagado na auga.
7
En canto ó ceo e mais á terra actuais, a mesma palabra os ten reservados para o lume e gárdaos para o día do xuízo e da perdición dos impíos.
8
Meus amigos, que non vos esqueza unha cousa: que para o Señor un día élle coma mil anos; e mil anos sonlle coma un día.
9
Non está retrasando Deus o cumprimento do que prometeu, aínda que algúns o crean así: o que pasa é que ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén pereza senón que a todos lles dea tempo a se converteren.
10
Máis ben o día do Señor virá coma un ladrón: daquela os ceos desaparecerán con estrondo; os elementos disolveranse abrasados de calor; e a terra e todas as obras que hai nela nin se atoparán.
11
Xa que todo isto se ha disolver desta maneira, con que santo xeito e prácticas de piedade tedes que vivir
12
mentres esperades e suspirades pola chegada do día de Deus! Porque é neste día cando os ceos incendiados se han disolver e os elementos abrasados de calor se han derreter.
13
Pero nós, conforme á súa promesa, esperamos un ceo novo e unha terra nova, onde exista a xustiza.
14
Por iso, meus amigos, mentres agardades isto, collede a peito que El vos atope en paz, sen tacha nin defecto.
15
Tede por seguro que a paciencia do noso Señor é sinal de salvación, como xa o noso benquerido irmán Paulo volo escribiu co saber que Deus lle deu.
16
El fala diso en todas as cartas. Aínda que nelas hai algunhas cousas difíciles de entender, que a xente ignorante e pouco firme interpretan retortamente para a súa propia ruína, como fan co resto das Escrituras.
17
Polo tanto vós, meus amigos, ben avisados, estade en vela, para non perderdes a vosa firmeza, arrastrados polo erro de xente sen conciencia.
18
Non; vós crecede na graza e no coñecemento do noso Señor e Salvador, Xesús Cristo. A el sexa a gloria, agora e deica o día eterno. Amén.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3