bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Peter 2
2 Peter 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
1
O mesmo que houbo no pobo xudeu profetas falsos, tamén haberá entre vós falsos mestres, que meterán arteiramente herexías perniciosas; ó negaren o Señor que os rescatou, carrexan para si unha rápida perdición.
2
Moitos extraviándose, seguirán o camiño dos libertinos e por culpa deles maldicirase o camiño verdadeiro.
3
Pois, por cobiza, hanvos explotar con discursos arteiros: a sentencia que merecen xa hai tempo que non folga; e a perdición que lles vén enriba non está a durmir, de certo.
4
Pois Deus non perdoou os anxos que pecaron senón que os botou ós alxubes escuros do inferno, gardándoos alí para o xuízo.
5
Tampouco non lle perdoou ó mundo antigo senón que, cando mandou o cataclismo a aquel mundo de impíos, soamente gardou seguras a oito persoas con Noé, o pregoeiro da xustiza;
6
e condenou as cidades de Sodoma e Gomorra volvéndoas cinsa, deixando deste xeito e para sempre un escarmento para os impíos.
7
Pero librou ó xusto Lot, atormentado polo comportamento lascivo daquela xente sen decencia,
8
pois como era un home xusto, co que lles vía e lles oía ós homes entre os que vivía un día e outro día, doíanlle na súa alma santa aquelas accións inicuas.
9
Deste xeito o Señor sabe ben como librar da proba os homes piadosos; e, en troques, tamén sabe gardar para o día do xuízo os culpables, que xa van ser castigados,
10
maiormente os que van tras dos desexos impuros da carne e os que desprezan a autoridade do Señor. Ousados, pagados de si, destemidos, maldicen os Seres Gloriosos,
11
cando nin os mesmos anxos, con seren maiores ca eles en forza e poder, non se atreven a lles botar unha maldición diante do Señor.
12
Pero esa xente, coma animais irracionais, nacidos e destinados para que os cacen e os maten, por maldiciren o que nin sequera coñecen, morrerán cunha morte coma a destes animais.
13
Recibirán así a paga dos seus erros, xa que pensan que a felicidade consiste en andar de esmorga en pleno día. Que noxo e que vergonza, cando, comendo convosco, se enzoufan nos seus praceres!
14
Os seus ollos non se enchen de adulterar nin se cansan de pecar; andan á caza dos acabados de converterse, coñecen todas as mañas da cobiza, naceron para a maldición.
15
O deixaren o camiño dereito, extraviáronse, seguindo o camiño de Balaam, fillo de Bosor, quen cobizou a paga por profetizar cousas inxustas;
16
pero tivo quen lle botase na cara o seu pecado: unha burriña sen fala falou con voz de home e parou a loucura do profeta.
17
Son coma fontes secas, nubes mouras empurradas por unha tormenta: a negra escuridade está gardada para eles.
18
Pois con discursos que soan moi ben pero que non din cousa ó caso e aproveitando as paixóns lascivas da carne, cazan ós que hai pouco se apartaron dos que vivían no erro.
19
Prométenlles liberdade, eles que son escravos da corrupción porque o que nos vence, escravízanos.
20
Se os que se libran das inmundicias do mundo, grazas a coñeceren ó noso Señor e Salvador Xesús Cristo, se deixan enlizar e vencer de novo polas mesmas inmundicias, o seu final vénlles ser peor do que o principio.
21
Máis lles valía non coñecer o vieiro da xustiza, antes que, de coñecido, volverse atrás do cumprimento da santa doutrina que se lles entregou.
22
Pasoulles o daquel atinado O can que vomitou, o vómito papou e aqueloutro: "Porca lavada envorcállese no bulleiro".
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3