bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Thessalonians 1
2 Thessalonians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Paulo, Silván e mais Timoteo, á Igrexa dos tesalonicenses, en Deus, noso Pai, e no Señor Xesús Cristo;
2
desexámosvos a graza e a paz de Deus Pai e do Señor Xesús Cristo.
3
Temos que lle dar grazas seguido a Deus por vós, irmáns, e é de xustiza porque a vosa fe vai medrando a cada paso máis e porque o amor que vos tedes todos uns a outros segue aumentando;
4
tanto que nós mesmos presumimos de vós ante todas as igrexas de Deus pola vosa paciencia e pola vosa fe en todas as persecucións e apuros que estades a pasar.
5
Esa é a proba do xusto xuízo de Deus, de que vos vai considerar dignos do seu Reino polo que estades a padecer;
6
como é xusto que Deus pague con tribulacións ós que vos aflixen
7
e que a vós, os aflixidos, vos dea acougo xunto connosco, cando se revele o Señor Xesús, vindo do ceo cos anxos do seu poder,
8
con labaradas de lume para lles dar o castigo ós que non queren recoñecer a Deus e ós que non obedecen o Evanxeo do noso Señor Xesús.
9
O castigo deles vai ser a perdición eterna, lonxe da presenza do Señor e do esplendor da súa gloria,
10
naquel día, cando veña para manifestar a súa gloria nos seus santos e para manifestar as súas marabillas nos que abrazaron a fe. Ora, vós aceptastes o noso testemuño.
11
Por iso rogamos decote por vós, para que o noso Deus vos faga dignos da chamada e para que co seu poder faga realidade todo propósito de facer o ben e toda empresa de fe.
12
Dese xeito vós daredes gloria ó noso Señor Xesús Cristo e el a vós conforme a graza do noso Deus e do Señor Xesús Cristo.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3