bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Thessalonians 3
2 Thessalonians 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Polo demais, irmáns, rogade por nós, para que a mensaxe do Señor se difunda e se acolla con honor como pasou entre vós,
2
e deste xeito nos vexamos libres da xente descamiñada e perversa: pois a fe non a teñen todos.
3
Pero o Señor é fiel e afincaravos e protexeravos do Malo.
4
Tocante a vós, fiámonos no Señor de que estades facendo e de que continuaredes a facer canto vos temos mandado.
5
Que o Señor encamiñe os vosos corazóns ó amor de Deus e á paciente espera do Cristo.
6
Irmáns: no nome do Señor Xesús Cristo, mándovos que vos arrededes de calquera irmán que leve unha vida lacazana e non conforme á ensinanza que recibistes de nós.
7
Pois ben sabedes vós de que modo debedes imitarnos, xa que non nos dedicamos a andar sen xeito
8
nin comemos de moca o pan de ninguén, senón que traballamos noite e día con esforzo e fatiga por non sermos unha carga para ningún de vós.
9
Non porque non tivésemos dereito, senón para vos dar un exemplo que imitar,
10
e porque, cando estabamos onda vós, xa vos demos esta norma: o que non queira traballar, que tampouco non coma.
11
Porque chegou ós nosos oídos que algúns de vós andan descamiñados e por riba de non traballaren nada, entremétense nas cousas dos demais.
12
A eses mandámoslles e aconsellámoslles no Señor Xesús Cristo que traballen con acougo e que coman o seu propio pan.
13
E vós, irmáns, non cansedes de facer o ben.
14
Agora, se algún non obedece a mensaxe desta carta, sinaládeo e non vos xuntedes con el, para que se avergonce.
15
Non digo que o tratedes coma inimigo; senón que o corrixades coma irmán.
16
Que o Señor da paz vos dea a paz decote e de todos os xeitos. Que o Señor vaia con todos vós.
17
O saúdo vai da miña propia man: Paulo. É contrasinal en todas as cartas. Así escribo.
18
Que a graza do noso Señor Xesús Cristo vos acompañe.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3