bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
2 Thessalonians 2
2 Thessalonians 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
1
Tocante á Parusía do noso Señor Xesús Cristo e da nosa xuntanza con el, rogámosvos, irmáns,
2
que non abaledes tan axiña nos vosos criterios nin vos desconcertedes por supostas revelacións, ditos ou cartas nosas coma se o Día do Señor estivese a caer.
3
Que ninguén vos trabuque de ningún xeito. Porque primeiro ten que vir a apostasía e manifestarse o impío por excelencia, a perdición en persoa;
4
Aquel que se opón e se levanta contra todo o que se chame Deus ou que sexa digno de culto, ata chegar a sentarse el no templo de Deus, proclamando que el mesmo é Deus.
5
Non vos acorda que, cando aínda estaba convosco, xa volo dicía?
6
E agora xa sabedes qué é o que o detén, para que se mostre unicamente no seu preciso tempo.
7
Pois a misteriosa iniquidade xa está actuando; só cómpre que lle quiten do medio a quen a detén.
8
E daquela mostrarase o Impío, a quen o Señor matará co sopro da súa boca e aniquilará co resplandor da súa Vinda.
9
A vinda dese Impío será obra de Satán, será con poder, con portentos e con prodixios trapalleiros,
10
e con toda a sedución que exerce a inxustiza en cantos se han de perder, por non acolleren o amor da verdade que os ía salvar.
11
E por iso mándalles Deus unha forza enganadora, para que crean na falsidade,
12
e así se condenen todos os que non creron na verdade senón que se deleitaron na sedución.
13
Pero por vós, irmáns benqueridos do Señor, debémoslle dar grazas sempre ó Señor porque desde o comezo escolleuvos Deus para salvarvos santificándovos co Espírito e dándovos fe na verdade.
14
Para iso chamouvos polo noso Evanxeo, de xeito que logredes a gloria do noso Señor Xesús Cristo.
15
Polo tanto, irmáns, mantédevos rexos e retede ben as ensinanzas que vos aprendemos tanto de palabra coma por carta.
16
E que o mesmo Señor noso Xesús Cristo e mais Deus, o noso Pai, que nos amou e que nos deu gratuitamente azos duradeiros e boa esperanza,
17
vos dea ánimos e vos afinque en toda obra e palabra boa.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3