bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
James 2
James 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 3 →
1
Meus irmáns, a fe que temos no noso Señor Xesús Cristo, o glorioso, non cadra ben con certos distingos entre persoas.
2
Entra na vosa asemblea é un supoñer un home cun anel de ouro, vestido con moita galanura, e entra tamén un pobre vestido con farrapos;
3
se vos fixades no que vai ben vestido, e lle dicides: "ti acomódate ben aquí", e ó pobre "ti queda de pé aí", ou "senta no chan ós meus pés",
4
non estades facendo distincións entre vós mesmos, converténdovos en xuíces de criterios inicuos?
5
Escoitádeme ben, meus irmáns queridiños: seica non escolleu Deus os pobres deste mundo para seren ricos na fe e herdeiros do Reino que Deus prometeu ós que o aman?
6
Vós, en troques, abafastes o pobre. Seica non son os ricos os que vos asoballan e os que vos levan a xuízo?
7
Non son eles tamén os que aldraxan o fermoso nome que se invocou sobre vós?
8
Facedes moi ben se, con todo, cumprides á perfección a Lei rexia da Escritura que di: "Amarás o teu próximo coma a ti mesmo".
9
Pero se andades con favoritismos, pecades, e a lei havos acusar de transgresores.
10
Porque quen garda toda a Lei, aínda que só quebrante un mandado, ten que responder de todos,
11
pois o que dixo: "non fagas adulterio", tamén dixo: "non mates". E, se non adulteras pero matas, xa non cumpres coa Lei.
12
Falade e facede as cousas como acae a quen a lei da liberdade vai xulgar,
13
pois terá un xuízo sen misericordia o que non foi misericordioso; a misericordia está por riba do xuízo.
14
Irmáns benqueridos, que proveito lle trae a un dicir que ten fe, se non ten feitos? Acaso o poderá salvar esa fe?
15
Se un irmán ou unha irmá andan espidos e necesitados do pan de cada día,
16
e vai un de vós e dilles: "ídevos en paz, quentádevos e fartádevos", pero non lles dá aquilo que lle cómpre ó seu corpo, que proveito levan?
17
Pois o mesmiño pasa coa fe: se non ten feitos, leva a morte no seu cerne.
18
Pode dicir alguén: "ti tes a fe, eu teño os feitos". Móstrame a túa fe sen feitos que eu polos feitos heiche de mostrar a miña fe.
19
Ti cres que só hai un Deus? Fas ben, pero iso tamén o cren os demos e mais tremen.
20
Queres entender dunha vez, parvo, que a fe sen feitos está morta?
21
Os feitos xustificaron ó noso pai Abraham, cando ofreceu o seu fillo Isaac enriba do altar, non si?
22
Fíxaste como a fe colabora cos seus feitos e como polos feitos a fe chegou á súa madurez?
23
Así se cumpriu a Escritura que di: "Abraham tivo fe en Deus e iso valeulle de xustificación", de xeito que mesmo se lle chamou amigo de Deus.
24
Xa vos decatades de como son os feitos os que xustifican o home e non só a fe.
25
O mesmo podemos dicir da prostituta Rahab: seica non a xustificaron os feitos, cando recibiu os mensaxeiros e os encamiñou logo por outros carreiros?
26
O mesmo que un corpo sen alento está morto, así tamén a fe sen feitos morta está.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5