bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
James 5
James 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
1
E vós, os ricos, chorade e berrade polas desgrazas que van vir enriba de vós.
2
A vosa riqueza está podrecida; a vosa roupa chea de couza;
3
o voso ouro e a vosa prata, enferruxados; e a mesma ferruxe será testemuño en contra vosa e, coma se for lume, comerá as vosas carnes. Estades atesourando na fin dos tempos!
4
Atención! O xornal que non lles pagastes ós obreiros que vos fixeron a seitura está clamando e o seu berro chega ós oídos do Señor dos Exércitos.
5
Vivistes na terra cheos de fartura e cebastes os vosos corazóns nos praceres para o día da matanza.
6
Condenastes o xusto e matástelo sen que el vos fixese fronte.
7
Tede, logo, paciencia, irmáns, deica a volta do Señor. Reparade en como o labrego coa esperanza posta nos preciosos froitos da terra agarda con paciencia as augas temperás e as serodias.
8
Tede tamén vós paciencia e collede folgos, porque o Señor axiña chegará.
9
Non vos queixedes, irmáns, uns dos outros, para que non vos sentencien; mirade que o xuíz está xa á porta.
10
No sufrimento e na paciencia, irmáns, seguide o exemplo dos profetas que falaron no nome do Señor.
11
Mirade que agora nós chamámoslles benaventurados ós que aturaron todo. Tedes oído falar da paciencia de Xob e xa vedes a fin que lle concedeu o Señor, porque o Señor é compasivo e misericordioso.
12
Sobre todo, irmáns, non xuredes: nin polo ceo nin pola terra, nin por cousa ningunha; que o voso si sexa si e que o voso non sexa non, para que non vos sometan a xuízo.
13
Anda magoado algún de vós? Que rece. Séntese alegre? Que cante salmos.
14
Algún de vós ten unha doenza? Faga traer os anciáns da comunidade, para que recen por el, unxíndoo con aceite no nome do Señor.
15
E a oración feita na fe salvará o enfermo; o Señor fará que se erga e, se tiver pecados, perdoaránselle.
16
Así que confesádevos mutuamente os vosos pecados e rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto.
17
Elías era un home coma calquera de nós; pediu afervoadamente que non chovese e non choveu nada en tres anos e medio;
18
volveu pedir e o ceo mandou auga e a terra deu os seus froitos.
19
Meus irmáns, se algún de vós se arreda da verdade e outro o trae ó bo camiño,
20
tede seguro que quen fai que un pecador volva dos seus camiños trabucados, salvará a súa alma da morte e soterrará unha chea de pecados.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
All chapters:
1
2
3
4
5