bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joel 1
Joel 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Palabra do Señor, que lle veu a Xoel, fillo de Petuel.
2
Escoitade isto, vós, os anciáns, oídeo todos os gobernantes do país. Sucedeu algo semellante durante a vosa vida, ou durante a vida de vosos pais?
3
Contádellelo ós vosos fillos, e vosos fillos a seus fillos, e seus fillos á xeración seguinte.
4
Aquilo que lle sobrou á larva devoradora, comeuno a lagosta que roe; e o que lle sobrou á eiruga que destrúe, comeuno o saltón voador, e o que lle sobrou ó saltón voador, comeuno a eiruga que destrúe.
5
Espertade, borrachos, e póndevos a chorar, facede lamentacións, todos os que bebedes viño, por mor do viño novo, pois quítasevos da boca.
6
Velaí, un pobo sobe contra o meu país, poderoso e incontable, os seus dentes son dentes de león, e ten poutas de leoa.
7
Converteu a miña viña nunha desolación, e a miña figueira nun cango seco; escascouna completamente e botouna ó chan, as súas vides quedaron brancas.
8
Laméntate ti, coma virxe vestida de saco polo marido da súa mocidade!
9
Suprímase do templo do Señor a ofrenda e a libación; que fagan dó os sacerdotes, servidores do Señor.
10
O campo está arrasado, a terra de cultivo está de loito. Si, está arrasada a colleita, os acios están secos, resecan as oliveiras.
11
Volvédevos resecos de tristura, campesiños, lamentádevos, viñateiros, polo trigo e pola cebada pois perdeuse a colleita do campo.
12
A viña está seca e a figueira murcha, a granada, tamén a palmeira e mais a maceira, todas as árbores do campo están murchas. Si, secou a ledicia dos fillos de Adam.
13
Vestídevos para facer loito, sacerdotes, facede lamentacións, servidores do altar. Vinde pasar a noite vestidos de saco, servidores do meu Deus, porque a casa do Señor está privada da ofrenda e mais da libación.
14
Decretade un período sacro de xaxún, convocade a asemblea, xuntade os anciáns, a todos os que viven no país, no templo do Señor, o voso Deus, e pedídelle auxilios ó Señor.
15
Ai dese día! Si, xa está preto o día do Señor, chega coma a ruína que vén do Omnipotente.
16
Acaso de diante dos nosos ollos non falta a comida e do templo do noso Deus a ledicia e mais a festa?
17
Murchou a semente debaixo dos seus sucos; están baleiras as arcas, están no fondo as tullas do gran, porque o trigo secou.
18
Como brúa o gando! Coma andan descarreirados os fatos de vacas! Si, non teñen quen as pastoree, si, os fatos de ovellas perecen.
19
A ti, Señor, pídoche auxilio, pois un lume consome os pasteiros do monte, e un incendio queima as árbores do campo.
20
Mesmo as feras do campo suspiran por ti, pois están secos os regueiros de auga, e o lume consome os pasteiros do monte.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3