bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joel 3
Joel 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Despois disto sucederá que verterei o meu Espírito sobre toda carne, e os vosos fillos e mais as vosas fillas converteranse en profetas. Os vosos anciáns soñarán soños, os vosos mozos verán visións.
2
Tamén sobre os servos e mais as servas verterei naqueles días o meu Espírito.
3
Farei prodixios no ceo e mais na terra: sangue, lume e columnas de fume.
4
O sol cambiarase en escuridade e a lúa en sangue, ante a chegada do día do Señor, do día grande e terrible.
5
Pero sucederá que todo aquel que invoque o nome do Señor se salvará, pois no monte Sión e en Xerusalén será dado o perdón —tal como o prometeu o Señor— e tamén para os fuxitivos que chame o Señor.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3