bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joel 2
Joel 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
1
Tocade o corno en Sión, dade a alarma no meu santo monte, que estarrezan todos os habitantes do país, pois chega o día do Señor. Si, está preto
2
o día da escuridade e dos trebóns, o día de néboa e de escuras nubes, coma o Luceiro da Alba estendido sobre as montañas, forte, enorme e poderoso, coma el non o houbo xamais, e despois del non se volverá contar no sucederse de xeracións en xeracións.
3
Diante del un lume devora, detrás del un incendio consome. Antes del o país era coma un xardín de recreo, despois del, un deserto desolado, onde nin sequera haberá refugallo.
4
O seu aspecto é coma o dos cabalos, que corren coma corceis.
5
Coma o zunido dos carros de guerra, corren sobre os cumes dos montes, coma o estalar do lume no incendio que consome o restrollo, coma un pobo poderoso, preparado para a guerra.
6
Ante a súa presenza tremerán os pobos, todos os rostros se xuntarán ante esa maldición.
7
Pois soldados corren, guerreiros agatuñan pola muralla, cada un marcha polo seu camiño, non dan rodeos as súas filas.
8
Ningún lle estorba ó seu compañeiro, cada un dos soldados vai polo seu camiño. Aínda que sexa no medio de frechas, non caerán, nin romperán a fila.
9
Asaltan a cidade, corren pola muralla, soben ás casas, entran coma ladróns polas fiestras.
10
Na súa presenza treme a terra, estremécese o ceo, o sol e mais a lúa escurecen, as estrelas perden o seu resplandor.
11
Si, o Señor levanta a súa voz, diante do seu exército. Que enorme é o seu campamento! Que poderoso é o exército que cumpre o seu plan! Que grande é o día do Señor e enormemente terrible! Quen o soportará?
12
Pero, agora —é o Señor quen fala—, convertédevos a min de todo corazón, con xaxún, con lágrimas e con loito.
13
Esgazade o voso corazón, e non os vosos vestidos, convertédevos ó Señor, voso Deus, pois El é compasivo e misericordioso, é calmoso para o enfado e abondoso en bondade, e ten compaixón da desgraza.
14
Quizais cambie e teña compaixón, e deixe tras de si a súa bendición, a ofrenda e mais a libación, para o Señor, o voso Deus.
15
Tocade o corno en Sión, dedicádelle un tempo sagrado ó xaxún, convocade a asemblea.
16
Xuntade o pobo, consagrade a asemblea, reunide os anciáns, xuntade os rapaces, tamén os meniños de peito. Que saia o marido do seu cuarto, e a muller da súa alcoba.
17
Que choren entre o adro e o altar os sacerdotes, que digan os ministros do Señor: "Perdóalle, Señor, ó teu pobo, non entregues á burla a túa herdanza, de xeito que a dominen pobos alleos. Por que se vai dicir entre as nacións: Onde está o seu Deus?"
18
Entón ó Señor entráronlle celos do seu país, e perdoou ó seu pobo.
19
Respondeu o Señor dicíndolle ó seu pobo: "Velaí: vouvos mandar o trigo, o mosto e mais o aceite novo para que vos fartedes de todo iso, e non vos volverei entregar para servir de burla entre os pobos alleos,
20
senón que porei lonxe de vós o inimigo do norte, e botareino para un país reseco e deserto: coa súa vangarda cara ó mar do nacente, e coa súa retagarda cara ó mar do poñente; subirá o seu fedor, seguirá subindo a súa pestilencia, xa que quixo facer grandes cousas".
21
Non teñas medo, terra de cultivo, brinca de ledicia e alégrate, pois o Señor fai grandes cousas.
22
Non teñades medo, feras do campo, que agroman os pasteiros da estepa. Si, as árbores dan o seu froito, e a figueira e mais a vide agroman con forza.
23
Vós, fillos de Sión, brincade de alegría, alegrádevos polo Señor, o voso Deus, pois deuvos a chuvia conforme o seu compromiso, mandouvos chuvia abundante; a temperá e a serodia coma noutros tempos.
24
As eiras énchense de trigo e nos lagares reborda o mosto e o aceite novo.
25
Así compénsovos polos anos nos que as colleitas foron comestas pola eiruga que roe, a voadora, a que destrúe, e mais o saltón, o meu grande exército, que mandei contra vós.
26
Si, comeredes ata fartarvos, e loaredes o Nome do Señor, o voso Deus, que actuou convosco facendo milagres, deste xeito o meu pobo non se avergonzará endexamais.
27
Entón recoñeceredes que eu estou no medio de Israel. Si, eu, o Señor, o voso Deus, e ninguén máis ca min, e o meu pobo non se avergonzará endexamais.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3