bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jonah 2
Jonah 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 3 →
1
Mentres, o Señor dispuxo un grande peixe para que engulise a Xonás. Estivo nas entrañas do peixe tres días e tres noites.
2
Desde as entrañas do peixe rezoulle Xonás ó Señor, o seu Deus:
3
Desde a miña angustia chamei ó Señor e escoitoume; desde o ventre do abismo pedín auxilio, e escoitaches a miña voz.
4
Botáchesme nas profundidades, no corazón do mar; e envolvíame a corrente. Os teus golpes de mar e mais s túas ondas pasaron todas sobre min.
5
Pero eu pensei: apartáronme lonxe da presenza dos teus ollos; como poderei seguir mirando cara ó teu santo templo?
6
Asolagoume a auga ata a gorxa, envólveme o abismo; as algas ensaríllanse na cabeza,
7
onde enraízan as montañas. Baixei ó profundo da terra: o seu ferrollo pechouse tras de min para sempre. Pero sacaches a miña vida da foxa, Señor, meu Deus.
8
Cando se debilitaban os meus folgos, lembreime do Señor, e a miña oración chegou a ti, ó teu santo templo.
9
Os fanáticos dos ídolos que nada son, abandonan a súa fidelidade.
10
Pero eu ofrecereiche un sacrificio cantando a miña acción de grazas. O que prometín cumprireino. A salvación está no Señor.
11
Entón o Señor deulle orde ó peixe, e este vomitou a Xonás en terra firme.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4