bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jonah 3
Jonah 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
1
Veulle de segunda vez a palabra do Señor a Xonás:
2
Érguete, vai a Nínive, a grande cidade, e proclámalle a mensaxe que eu che dei.
3
Xonás ergueuse e marchou a Nínive, conforme á palabra do Señor. Nínive era unha cidade enormemente grande, de tres días para atravesala.
4
Xonás comezou a entrar na cidade o camiño dun día e predicaba así: Dentro de corenta días Nínive será destruída.
5
Os homes de Nínive creron en Deus e proclamaron o xaxún. Vestíronse de saco desde o máis grande ó máis pequeno.
6
A mensaxe chegou tamén ó rei de Nínive, que se ergueu do seu trono, quitou os seus vestidos rexios, cubriuse de saco, sentouse no po,
7
e fixo proclamar e impoñer en Nínive coma decreto do rei e dos seus grandes: Homes e animais, vacas e ovellas non proben nada, non pazan nin beban auga;
8
cúbranse de saco homes e animais, e clamen con forza a Deus. Convértase cada un do seu mal camiño e da violencia que se lle apegou ás mans.
9
Quen sabe? Quizais Deus cambie de parecer, se compadeza, apague o incendio da súa ira e así non perezamos.
10
Viu Deus as súas obras, como se convertían do seu mal camiño, e arrepentiuse do mal que dixera que lles ía facer, e non llelo fixo.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4