bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Jonah 4
Jonah 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
1
Isto causoulle a Xonás un grande desgusto e enfadouno.
2
Rezoulle así ó Señor: Ai, Señor! Non é isto o que eu dicía, cando estaba na miña terra? Por iso me adiantei a primeira vez e fuxín a Tárxix: porque sabía que Ti es un Deus compasivo e misericordioso, lento para a ira e rico en bondade, e que te arrepintes da ameaza.
3
Pois agora, Señor, tírame a vida, pídocho!; porque para min é mellor morrer que vivir.
4
Respondeulle o Señor: É xusto que te enfades?
5
Xonás saíra xa da cidade e vivía ó leste dela, onde fixera para si unha cabana. Estaba sentado debaixo dela á sombra, esperando a ver que pasaba na cidade.
6
Entón o Señor Deus dispuxo unha árbore de rícino, que medrou por enriba de Xonás para darlle sombra á súa cabeza e deste xeito libralo do seu mal xenio. Alegrouse inmensamente Xonás por mor do rícino.
7
Cando subía a alba para o outro día, dispuxo Deus un verme que picou o rícino, e este secou.
8
Cando o sol apertaba, mandou Deus un abrasador vento soán, e o sol deulle na cabeza a Xonás, que se sentía esmorecer. Entón desexou con ansia a morte e dixo: Éme mellor morrer que vivir.
9
Díxolle Deus a Xonás: É xusta a túa carraxe por mor do rícino? Respondeulle: Si, é xusto que eu me enfade ata desexar a morte.
10
Repúxolle o Señor: Ti estás aflixido por un rícino que non traballaches nin o fixeches medrar, que durante unha noite se forma e durante outra noite perece.
11
E non me vou eu aflixir e compadecer da grande cidade de Nínive, onde hai máis de cento vinte mil persoas que non distinguen entre a súa dereita e a súa esquerda, a máis de moitos animais?
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
All chapters:
1
2
3
4