bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nahum 1
Nahum 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Oráculo contra Nínive. Libro das visións de Nahúm, o elcuxita.
2
(Alef) Deus celoso e vingador é o Señor. O Señor víngase dos seus adversarios, El é quen se acende en ira contra os seus inimigos.
3
O Señor vai de vagar para a ira, pero é grande en poder, e non deixa sen castigo a ninguén. (Bet) Ten o seu vieiro no furacán e na tormenta, as nubes son o po dos seus pés.
4
(Guímel) Arremete contra o mar e faino secar, e todos os ríos quedan esteados. (Dálet) Murchan Baxán e o Carmelo, e tamén a flora do Líbano.
5
(He) Os montes tremen diante del, estremécense os outeiros. (Vau) A terra soérguese ante a súa presenza, o mesmo có orbe e todos os seus habitantes.
6
(Zain) Na presenza do seu enfado, quen se terá de pé? Si, quen se levantará ante a indignación do seu rostro? (Het) O seu furor esténdese coma o lume, os penedos esnaquízanse ante El.
7
(Tet) O Señor é bondadoso, é refuxio no día da angustia, (Iod) El coñece os que confían nel,
8
cando El pasa na inundación. (Kaf) Realiza a destrución nos que se levantan contra El, e ós seus inimigos perségueos na tebra.
9
Que matinades vós contra o Señor? El é quen realiza a destrución: a angustia non se levantará dúas veces.
10
O mesmo ca unha silveira revolta serán consumidos totalmente; coma a palla seca tamén eles serán devorados,
11
pois de ti saíu o que maquina o mal contra o Señor, o conselleiro do "que non aproveita".
12
Así fala o Señor: "Aínda que estean completos e sexan ben numerosos, serán cortados e pasarán. Humilleite, pero non te volverei humillar.
13
Si, agora romperei o xugo que puxo sobre ti, e rebentarei as túas cadeas".
14
O Señor dá esta orde contra ti: "Xa non se volverá a esparexer a semente da túa familia; dos templos dos teus deuses farei desaparecer as imaxes esculpidas e as fundidas. Prepararei a túa sepultura, pois tes pouco peso".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3