bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nahum 3
Nahum 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Ai da cidade asasina! Toda ela é un grande engano, está chea de botíns, non para de rapinar.
2
Estalos das trallas, ruído e estrépito de rodas, cabalos galopando, carros troupeleando,
3
cabalos empinados, relucir de espadas, chispear de lanzas, miles de mortos, moreas de cadáveres.
4
Por culpa das moitas prostitucións da prostituta, tan fermosamente agraciada, mestra de encantamentos, a que trafica entre os pobos coas súas prostitucións, entre os países cos seus encantamentos.
5
Velaquí me tes contra ti —di o Señor dos Exércitos—: Levantareiche as saias ata a cara, para mostrarlles ás nacións a túa nudez, e ós reinos as túas vergonzas.
6
Tamén botarei por enriba de ti inmundicias, tratareite con desprezo, volvereite un espectáculo.
7
Sucederá que todo aquel que te vexa, fuxirá de ti, e dirá: "Nínive está arruinada, quen sentirá pena por ela? De onde procurarei quen te console?"
8
Acaso es ti mellor cá cidade de Amón, asentada onda o Nilo, con auga ó seu arredor? O seu antemuro era o mar; a auga, as súas murallas.
9
Etiopía era a súa forza e tamén Exipto, forza sen límites. Put e os libios estaban no teu exército.
10
Tamén a cidade de Amón foi ó exilio, ela foi á catividade; os seus meniños foron esnaquizados nas encrucilladas de cada rúa. Sobre os seus nobres botáronse sortes, e todos os seus grandes foron atados con cadeas.
11
Tamén ti te darás en aluguer, volverás a ser moza de rúa; tamén ti buscarás refuxio onda os teus inimigos.
12
Todas as túas fortificacións son figueiras, e as túas tropas figos temperáns; se as abalan, caen na boca de quen os come.
13
Velaí as túas tropas: son mulleres; as portas da túa cidade ábrenselles ós teus inimigos, e o lume consome as túas trancas.
14
Saca as augas para o asedio, reforza as túas cidadelas. Entra na telleira e pisa o barro, colle con forza os moldes para os ladrillos.
15
Velaí o lume que te vai devorar, a espada farate desaparecer, vaite devorar como se fose unha larva de saltón. Multiplícate coma a eiruga do saltón, multiplícate coma o saltón crecido.
16
Multiplica os teus mercadores, máis cás estrelas do ceo: a eiruga do saltón deixa o casulo e voa.
17
Os teus gardas son coma saltóns; e os teus oficiais de recrutamento, coma as eirugas, que se poñen nas murallas un día de frío. Sae o sol, e vanse, e o seu lugar non se coñece.
18
Onde están durmindo os teus pastores, rei de Asiria? Onde están descansando os teus nobres? A túa tropa expira sobre os montes, e non hai quen a xunte.
19
Non hai alivio para a túa fractura, a túa ferida é incurable. Todos os que escoiten noticias túas, baterán as palmas por ti, pois sobre quen non pasou de cotío a túa ruindade?
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3