bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nahum 2
Nahum 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
1
Velaí: polos montes corre un mensaxeiro de boas novas, anuncia a paz: Celebra as túas festas, Xudá, cumpre os teus votos, que "o que non aproveita" xa non cruzará máis polo medio de ti; está sendo aniquilado totalmente.
2
Unha forza de choque atácate de fronte. Monta garda na praza forte, vixía o camiño, cingue ben o teu lombo, fortalece ó máximo a túa forza.
3
Certo, o Señor volverá á viña de Xacob; si, á viña de Israel. Tíñana arrasada os desoladores, tiñan esgazadas as súas vides.
4
Os escudos dos seus soldados están vermellos, os seus soldados están vestidos de púrpura. Os carros brillan co relucir dos ferros, o día da súa formación axítanse coma as lanzas.
5
Os carros dan voltas polas rúas, corren dun lado para outro polas prazas, parecen fachóns, lánzanse coma raios.
6
El failles recordar algo ós seus capitáns, tropezan entre si no camiño, corren de présa cara ó muro da cidade, e xa está preparado o refuxio.
7
Ábrense as portas que dan ás canles e o templo derrúbase.
8
A imaxe da deusa é levantada e levada cativa, laméntanse as súas sacerdotisas coma pombas que arrolan, dan golpes sobre os seus corazóns.
9
Velaí Nínive! Toda ela é unha poza: como corre a auga! "Para, detente!" Pero non hai quen a faga dar volta.
10
Saqueade a prata, saqueade o ouro! Non ten fin a súa riqueza, o esplendor das súas alfaias.
11
Pillaxe, saqueo, roubo! Os corazóns teñen quebrantos, tremen os xeonllos, estremecementos por todo o corpo, as caras de todos xúntanse ante tal maldición.
12
Onde está a gorida dos leóns? Onde está o campo de presa para os cachorros dos leóns? Cara onde camiña o león para levar os cachorros da leoa, sen que haxa quen os asuste?
13
O león caza por causa dos cachorros, esnaquiza para as súas leoas; a cova está chea coas súas presas, e o cubil cos anacos de carne.
14
Velaquí me tes contra ti —di o Señor dos Exércitos—: vou queimar na fumareda os teus carros e a espada devorará os teus cachorros, farei desaparecer da terra a túa cova, e non se volverá a oír a voz dos teus mensaxeiros.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3