bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Philippians 1
Philippians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
1
Paulo e Timoteo, servidores de Xesús Cristo, a todos os crentes en Cristo Xesús que vivides en Filipos e mais ós vosos encargados e diáconos
2
desexámosvos a graza e paz de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.
3
Doulle grazas ó meu Deus por todo o que me acorda de vós.
4
Sempre que rezo por vós, fágoo con alegría,
5
pola parte que vides tomando na difusión do Evanxeo desde o primeiro día ata hoxe.
6
Eu fío en que o que encetou en vós un traballo bo, halle de ir dando cabo de aquí ó día de Cristo Xesús.
7
E é xusto que eu pense así, porque vos levo no corazón; a vós, que tanto que eu estea preso como que estea a defender e a afiuzar o Evanxeo, participades todos na graza da miña misión.
8
Ben sabe Deus con que morriña cristiá vos boto a faltar aquí!
9
E na miña oración pido que o voso amor reborde de penetración e de sensibilidade para todo:
10
Así poderedes acertar co mellor para chegardes enxebres e sen chata ó día de Cristo Xesús,
11
e cheos do froito da xustiza que se consegue por medio de Xesús Cristo para gloria e loanza de Deus.
12
Quero que saibades, irmáns, que o que me está a pasar, máis ben aproveitou ó espallamento do Evanxeo.
13
Porque na residencia do gobernador e nos outros sitios todo o mundo sabe que estou preso por ser cristián,
14
e a maior parte dos irmáns, ó colleren da miña prisión azos para confiar no Señor, métense moito máis a anunciar a palabra de Deus sen medo.
15
Hai, de certo, algúns que predican a Cristo por meteren envexa e por me faceren a competencia. Pero outros fano á boa fe.
16
Estes, porque me queren e saben que eu estou posto para a defensa do Evanxeo;
17
Aqueles anuncian a Cristo á retesía, con mala intención, coa idea de me faceren máis amolado o meu encadeamento.
18
Pero que máis ten? O importante é que, dunha maneira ou da outra, con retranca ou sen ela, vaise anunciando a Cristo: e diso alégrome. Máis aínda: continuarei alegrándome,
19
porque sei ben que, grazas ás vosas oracións e ó Espírito de Xesús Cristo que me patrocina, "todo me ha de ser para ben".
20
Esta é a miña arela e a miña esperanza: que en nada vou saír fracasado, senón que, con toda seguridade, agora coma sempre, manifestarase a grandeza de Cristo na miña persoa, tanto que eu siga vivindo como que morra.
21
Porque para min a vida é Cristo; e morrer, unha ganancia.
22
Ora, como vivir neste mundo me permite traballar con proveito, non sei o que escoller.
23
As dúas cousas tiran por min: quería morrer para estar con Cristo, pois era moitísimo mellor.
24
Mesmo así, por vós, cómpre que eu fique neste mundo;
25
e así coido que vou ficar e seguir onda vós, para axudar a que adiantedes alegres na fe,
26
A fin de que o orgullo de serdes cristiáns reborde xa por causa miña, coa miña presenza outra vez cabo de vós.
27
Unha cousa só: mirade de vos comportar conforme ó Evanxeo de Cristo, para que, tanto que vos vaia ver coma que quede lonxe, eu sinta falar de que vos mantedes firmes nun mesmo espírito e que, todos de acordo, loitades xuntos pola fe do Evanxeo,
28
sen vos deixardes acovardar polos que vos fan a contra: cousa que para eles é un sinal de condenación e para vós é de salvación; e todo por obra de Deus.
29
Porque a vós, por Cristo, concedéusevos o privilexio, non só de crerdes nel, senón tamén de padecerdes por El,
30
enlizados como estades na mesma loita en que me vistes a min e na que agora sabedes de oídas que aínda ando metido.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4