bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Philippians 4
Philippians 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
1
Polo tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto saudades, miña alegría e coroa, seguide así firmes no Señor, queridiños!
2
Recoméndolles a Evodia e mais a Síntique que se entendan, como cristiás que son.
3
E tamén a ti, meu leal compañeiro de traballo, pídoche que lles botes unha man: que elas loitaron canda min polo Evanxeo xunto con Clemenzo e outros colaboradores meus que teñen o seu nome no Libro da Vida.
4
Estade sempre alegres no Señor. Repítovolo: estade alegres.
5
Que todo o mundo vexa o bos que sodes. O Señor está a chegar.
6
Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de grazas.
7
E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús.
8
Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa honroso, calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar.
9
O que aprendestes, recibistes, oístes e vistes en min, iso é o que tedes que levar á práctica. E o Deus da paz irá convosco.
10
Moito me alegrei no Señor de que por fin abrollase o voso interese por min. Ter xa o tiñades, pero non tiñades a ocasión de o manifestar.
11
Non volo digo pola miña pobreza, que eu aprendín a gobernarme nas situacións en que estea.
12
Hoxe sei vivir na miseria e na fartura. En calquera situación estou ensinado para estar farto e para pasar fame; para ter de abondo e para non ter nada.
13
Teño forzas para todo grazas a quen me fai forte.
14
Mesmo así, fixestes ben en tomardes coma vosa a miña dificultade.
15
Vós, os de Filipos, sabedes tamén que de que saín de Macedonia, no comezo da evanxelización, ningunha Igrexa tivo comigo nada que anotar no libro de ingresos e gastos, fóra de vós: os únicos.
16
Porque xa a Tesalónica me mandarades máis dunha vez algo para as miñas necesidades.
17
Non é que eu ande á pedicha do agasallo; procuro tan só que os intereses se acugulen na vosa conta.
18
Acuso recibo de todo e teño de abondo. Quedei ben provisto ó recibir de Epafrodito o que viña de vosa parte, agradable recendo, sacrificio aceptable e que prace a Deus.
19
O meu Deus, pola súa parte, cubrirá todas as vosas necesidades, conforme a súa riqueza con magnificencia en Cristo Xesús.
20
Gloria a Deus, noso Pai, polos séculos dos séculos. Amén.
21
Moitos saúdos a todos os crentes en Cristo Xesús. Recordos dos irmáns que están comigo.
22
Mándanvos un saúdo todos os consagrados e, en especial, os que están ó servizo do César.
23
A graza do Señor Xesús Cristo vaia convosco. Amén.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
All chapters:
1
2
3
4