bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Philippians 3
Philippians 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
1
Do resto, meus irmáns, estade alegres no Señor. Repetirvos o dito noutras ocasións a min non me custa e a vós dávos seguranza.
2
Ollo ós cans! Ollo ós obreiros de moita parola e pouco traballo! Ollo á falsa circuncisión!
3
Porque a circuncisión verdadeira, esa sómola nós, que, impulsados polo Espírito, damos culto a Deus e poñemos a nosa gloria en Cristo Xesús, sen confiarmos en criterios externos.
4
Anque, por confiar, eu tiña de que confiar, incluso en criterios externos. Se alguén coida que el ten de que confiar conforme eses criterios, eu teño máis:
5
circuncisión ós oito días; do pobo de Israel; da tribo de Benxamín, nacido e criado hebreo; en canto á Lei, fariseo;
6
en canto a celo, perseguidor da Igrexa; en canto á xustiza que manda a Lei, home sen tacha.
7
Mais todo o que daquela era para min un proveito, estimeino, por causa de Cristo, unha perda.
8
Máis aínda, todo me parece perda comparado co grande que é coñecer a Cristo Xesús, o meu Señor. Por El tirei con todo e doulle tanto valor coma ó lixo con tal de gañar a Cristo
9
e de vivir nel; non por ter unha xustiza miña propia por cumprir a Lei, senón pola xustiza que se recibe coma resposta á fe.
10
Así podereino coñecer a El, experimentar a forza da súa resurrección e solidarizarme cos seus sufrimentos, reproducindo en min a súa morte,
11
para ver de chegar eu tamén á resurrección dos mortos.
12
Non é que eu xa chegase á meta nin que xa teña chegado á perfección. Non. Eu aínda vou correndo, a ver se a alcanzo, xa que tamén eu fun alcanzado por Cristo Xesús.
13
Irmáns, eu non boto de conta que a teña alcanzado. Velaquí o único que fago: esquezo o que quedou atrás, lánzome cara ó que está diante,
14
bulo para pillar o premio ó que Deus desde arriba nos convoca en Cristo Xesús.
15
Todos os perfectos, polo tanto, pensamos así. E se nalgún punto pensades doutro xeito, Deus hávolo esclarecer.
16
Fóra disto, a onde queira que teñamos chegado, sigamos na mesma liña.
17
Irmáns, seguide todos o meu exemplo e reparade nos que camiñan conforme o modelo que tedes de nós.
18
É que moitos dos que xa vos teño falado e agora falo a chorar pórtanse coma inimigos da cruz de Cristo.
19
Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.
20
Pero a nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o Señor.
21
El ha transformar o noso pobre corpo, reproducindo en nós a gloria do seu propio corpo con ese poder que lle permite someter incluso o mesmo universo.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4