bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ruth 1
Ruth 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
1
E aconteceu polos días en que gobernaban os Xuíces, que había fame no país, e foi un home de Belén de Xudá emigrar ás chairas de Moab, coa súa muller e mais os dous fillos.
2
O nome do individuo era Elimélec, e o da muller, Noemí; e os nomes dos dous fillos, Mahlón e Quilión (efrateos, de Belén de Xudá). E chegaron ás chairas de Moab e moraron alí.
3
Morreu Elimélec —o home de Noemí— e quedou ela cos dous fillos.
4
E procuraron para eles mulleres moabitas: o nome da primeira, Orpah, e o nome da segunda, Rut; e residiron alí arredor de dez anos.
5
Morreron tamén eles dous —Mahlón e Quilión— e quedou a muller sen os dous fillos e sen home.
6
E ergueuse ela coas súas noras para volveren das chairas de Moab, pois oíu na terra cha de Moab que o Señor se lembrara do seu pobo e lles dera pan.
7
Saíu do lugar onde estivera e con ela as dúas noras; e ían de camiño para volveren á terra de Xudá.
8
E dixo Noemí ás dúas noras: —"Andade, volvede cada unha á casa da vosa nai, e que o Señor vos trate con piedade, como fixestes vós cos finados e comigo.
9
Que o Señor vos conceda a cada unha atopardes acougo na casa do voso home". E bicounas; elas deron laídos e romperon a chorar.
10
E dixéronlle a ela: —"Nós imos contigo para o teu pobo".
11
Respondeulles Noemí: —"Volvede, miñas fillas: por que teimades ir comigo? E logo hei de ter eu máis fillos nas miñas entrañas, que volos poida dar como maridos?
12
Voltade, oh, miñas fillas, ídevos, pois eu volvinme vella para coller marido; e, aínda que dixese "teño aínda esperanza" e conseguise marido xa esta noite, e mesmo xerase fillos,
13
logo vosoutras agardariades por eles, sen collerdes marido? Non, miñas fillas: máis tristura é a miña cá vosa e botouma enriba a man do Señor".
14
Laiaron e romperon a chorar outra vez. E bicou Orpah á súa sogra, pero Rut apegouse a ela.
15
E dixo Noemí: —"Velaquí que a túa cuñada volveu ó seu pobo e ó seu deus: volta ti detrás da túa cuñada".
16
Respondeu Rut: —"Non me pidas que te deixe, que me arrede de onda ti, pois, a onde vaias ti, irei tamén eu, e onde te acollas, acollereime eu contigo; o teu pobo será o meu pobo, e o teu Deus será o meu Deus.
17
Onde morras, alí morrerei eu e alí haberanme de enterrar. Que o Señor me faga isto e engada aquilo, se non é a morte a que me arrede de ti!"
18
E viu Noemí que teimaba no de ir con ela e deixou de porfiar.
19
E foron as dúas xuntas ata que chegaron a Belén. E aconteceu que, en chegando a Belén, rebuliu toda a vila por mor delas; e dicían: —"E logo non é esta Noemí?"
20
Pero ela dicíalles: —"Non me chamedes Noemí: chamádeme Marah, porque o Omnipotente encheume de amargura.
21
Marchei chea e o Señor fíxome volver baldeira. Por que entón me chamades Noemí, se o Señor declarou contra min e carrexoume o mal o Todopoderoso?"
22
Deste xeito volveu Noemí coa súa nora Rut, a moabita, que viña das chairas de Moab. E chegaron a Belén ó comezo da seitura da cebada.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4