bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ruth 3
Ruth 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
1
E díxolle Noemí, a sogra: —"Miña filla! E logo non che hei de buscar un porvir que te faga feliz?
2
E non é Boaz —o das criadas coas que estiveches— o noso parente? Velaquí que esta noite vai aventar os montóns da cebada na eira.
3
Así que lávate ben e únxete, viste o manto, baixa á eira e non te deixes albiscar ata que el remate de comer;
4
e, cando el se deite e ti saibas o lugar onde xace, vas e destápaslle os pés, e déitaste; e xa che amosará el o que tes que facer".
5
E respondeulle ela: —"Todo o que me dixeches, heino facer".
6
E baixou á eira e fixo tal como lle mandara a sogra.
7
Comeu Boaz e bebeu, aledou o seu corazón e foise deitar a carón da morea de gran. E chegou ela ás caladiñas, descubriulle os pés e deitouse.
8
E aconteceu arredor da media noite que o home arrefría; e, ó virarse, apercibiuse de que había unha muller deitada ós seus pés.
9
E dixo el: —"Quen es ti?" Respondeulle ela: —"Son Rut, a túa serva: estende as túas ás sobre a túa serva, pois es o seu redentor".
10
E el exclamou: —"Bendita sexas do Señor, miña filla!: este teu novo acto de piedade foi aínda mellor có primeiro, pois non fuches detrás dos mozos (xa fosen pobres ou ricos).
11
E agora, miña filla, non teñas medo: fareiche todo o que me digas, pois ben coñece toda a veciñanza que es unha muller exemplar.
12
Agora ben, é certo que eu son o teu redentor; pero tamén é verdade que hai un redentor máis achegado ca min.
13
Ti deixa pasar esta noite, e pola mañá, se lle parece ben ser o teu redentor, que sexa; e, se non gusta de ser o teu protector, vive Deus que o hei ser eu. Ti déitate ata a mañá".
14
E estivo deitada ós seus pés ata a mañá. El ergueuse antes de que un puidese recoñecer a seu veciño, pois pensaba: "Que non se saiba que esta muller veu á eira!"
15
E dixo:—"Achégame o manto que levas enriba, prémeo ben, e terma del". E mantívoo ela, el mediulle seis efahs de cebada, e ergueullos, e foi para a vila.
16
Chegou ela onda a sogra, quen lle preguntou:—"Como che foi, miña filla?" E contoulle todo o que aquel home fixera por ela.
17
E engadiu: —"Deume eses seis efahs de cebada, pois dixo: Non chegarás baldeira onda a túa sogra".
18
E díxolle Noemí: —"Fica tranquila, miña filla, ata que coñezas como acaba o asunto, pois ese home non acougará se non o remata hoxe".
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4