bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ruth 4
Ruth 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
1
Boaz subiu á porta da vila e sentouse alí. Velaquí que pasaba o redentor do que falara Boaz; e díxolle este: —"Oes, fulano! Fai favor, ven para acó e senta". E foi el, e sentou.
2
E colleu Boaz a dez homes de entre os anciáns da vila e dixo: —"Sentade aquí". E sentaron.
3
E díxolle ó redentor: —"Noemí, que volveu da chaira de Moab, puxo en venda a leira que era de noso irmán Elimélec.
4
E eu resolvín: teño que llo facer saber...! Daquela dígoche: mércaa, diante dos veciños e diante dos anciáns do meu pobo, se queres de verdade facer de redentor. E se non vas facer de redentor, dimo, pois seica non hai antes ca ti outro responsable, e eu son o que te segue". E díxolle o outro: —"Redimo eu".
5
E proseguiu Boaz: —"No día en que compres a leira das mans de Noemí, conseguirás tamén a Rut, a moabita —muller do finado—, para facer rexurdir o nome do morto na súa herdanza".
6
E dixo o redentor: —"Non me é posible facer de protector sen danar a miña herdanza: que pase a ti a prioridade e ti redimirás, pois a min non me é doado redimir".
7
(E este era antes o costume en Israel, no tocante á institución do redentor e ás permutas, para testemuñar calquera feito: o home quitaba o seu zapato e dáballo ó veciño; e isto servía de norma en Israel).
8
E dixo o responsable a Boaz: —"Cómpraa ti". E quitou o zapato.
9
Daquela dirixiuse Boaz ós anciáns e a todo o pobo deste xeito: —"Vós sodes hoxe as testemuñas de que compro das mans de Noemí todo o que era de Elimélec, e todo o de Quilión e de Mahlón.
10
E tamén adquiro para min como muller a Rut a moabita, a muller de Mahlón, para facer rexurdir o nome do finado na súa herdanza, e que así non desapareza de entre os seus irmáns nin das portas do seu lugar. Vós quedades hoxe de testemuñas".
11
E todo o pobo que estaba á porta, e mais os anciáns, dixeron: —"Testemuñas somos! Que o Señor faga á muller que entre na túa casa semellante a Raquel e mais a Lea, que edificaron elas dúas a casa de Israel! Cobra forza en Efratah; acada renome en Belén!
12
e, pola descendencia que o Señor che dea desa moza, sexa a túa casa como a casa de Peres, o que lle xerou Tamar a Xudá".
13
Colleu Boaz a Rut e foi a súa esposa; uniuse a ela, deulle a ela o Señor a preñez e pariu un fillo.
14
E dicíanlle as mulleres a Noemí: —"Loado sexa o Señor, que non deixou que che faltase hoxe un protector! Que o seu nome sexa proclamado en Israel!
15
El será para ti quen che volva o alento e será o sustento da túa vellez, pois pariuno a túa nora, que tanto te quere, e que é para ti mellor ca sete fillos".
16
E colleu Noemí o neno, púxoo no colo, e fíxolle de neneira.
17
As veciñas dábanse parabéns e dicían: —"Naceulle un neno a Noemí". E chamáronlle Obed. El foi o pai de Ixaí, pai de David.
18
Estas son as xeracións de Peres: Peres xerou a Hesrón;
19
e Hesrón xerou a Ram, e Ram xerou a Aminadab;
20
e Aminadab xerou a Nahxón, e Nahxón xerou a Salmah;
21
e Salmah xerou a Boaz, e Boaz xerou a Obed;
22
e Obed xerou a Ixaí, e Ixaí xerou a David.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
All chapters:
1
2
3
4