bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Titus 1
Titus 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
1
Paulo, servidor de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, para levar os escolleitos de Deus á fe e mais ó coñecemento da verdade, que é conforme á piedade verdadeira
2
e que se apoia na esperanza da vida eterna. Deus, que non mente, prometera xa antes de todos os tempos esa vida
3
e ó tempo debido cumpriu publicamente á súa palabra pola predicación, que se me confiou, por mandato do noso Salvador Deus.
4
A Tito, meu fillo lexítimo na fe común, deséxoche a graza e a paz de Deus, Pai de Cristo Xesús, o noso Salvador.
5
Deixeite en Creta, para que seguises endereitando o que faltaba e para que nomeases responsables en cada vila, tal como che prescribín eu:
6
teñen que ser xente honesta, homes dunha soa muller, que teñan fillos crentes, non acusados de mala conduta ou desobedientes.
7
Porque cómpre que o responsable sexa sen tacha, coma administrador de Deus: nin soberbio, nin iracundo, nin insolente, nin camorristas, nin amigo dos cartos;
8
senón hospitalario, amigo do ben, asisado, xusto, santo, e dono de si,
9
que se afinque na palabra certa conforme lla ensinaron para que sexa capaz de exhortar pola doutrina verdadeira e de convencer os que sosteñen a contraria.
10
Porque hai moitos rebeldes, paroleiros, mentiráns, maiormente entre os da circuncisión.
11
Cómpre facelos calar, porque perverten familias enteiras, ensinando o que non deben, nada máis que por gañaren cartos.
12
Xa un deles (e téñeno por profeta) dixo: "Cretenses: menten sempre, malas bestas, galbáns ventres".
13
E este dito saíu certo. Por esta razón repréndeos con severidade, para que cheguen a ter unha fe sa
14
e para que non lles fagan caso a mitos xudaicos nin a mandamentos de homes que se afastan de verdade.
15
Todas as cousas son limpas para os limpos; en troques, para os contaminados e incrédulos nada non é limpo; teñen mesmo contaminadas a mente e mais a conciencia.
16
Afirmaban coñecer a Deus pero coas obras renegan del, sendo abominables, desobedientes e incapaces para toda obra boa.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3