bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Titus 3
Titus 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
1
Recórdalles que se sometan ás autoridades, que as obedezan, que estean dispostos para toda obra boa.
2
Que non difamen a ninguén, que sexan pacíficos, xustos, amables con todo o mundo.
3
Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros.
4
Pero cando apareceu a bondade e a humanidade de Deus, o noso Salvador,
5
salvounos non polas obras boas que nós fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do baño do novo nacemento e polo poder renovador do Espírito Santo.
6
Ese Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo, noso Salvador,
7
A fin de que, xustificados pola súa graza, nos fixésemos herdeiros da vida eterna, conforme á esperanza.
8
Esta é doutrina certa. E eu quero que ti te afinques nela, para que os que creron en Deus se dediquen a practicar as boas obras. Isto é bo e útil para todos.
9
Desbota, en troques, as pescudas extravagantes, as xenealoxías, as rifas, as polémicas sobre a Lei: son inútiles e sen substancia.
10
O causante de divisións repréndeo unha vez ou dúas. Despois prescinde del,
11
tendo ben sabido que ese tal é un perverso e peca, condenándose el mesmo.
12
Cando cheguen onda ti Artemás ou Tíquico, apura a vir onda min a Nicópolis, porque decidín pasar alí o inverno.
13
Dálles o preciso para a viaxe ó avogado Zenas e mais a Apolo para que non lles falte nada.
14
Aprendan os nosos a faceren o ben atendendo as necesidades urxentes e así non serán improdutivos.
15
Mándanche recordos todos os que están comigo. Dálles saúdos a todos os amigos na fe. A graza vos acompañe a todos.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
All chapters:
1
2
3