bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Titus 2
Titus 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
1
Pola túa parte, ensina o que é conforme á boa doutrina.
2
Que os vellos sexan sobrios, serios, prudentes, sans na fe, na caridade, na paciencia.
3
As vellas o mesmo: que sexan honestas no coidado da súa compostura, nin lingoreteiras, nin moi amigas do viño, mestras do ben,
4
para que exhorten ás novas a quereren ós seus homes e ós seus fillos,
5
Asisadas, limpas, boas administradoras da casa, submisas ós seus propios homes, para non desprestixiar a palabra de Deus.
6
Exhorta tamén ós novos a seren asisados,
7
mostrándote ti mesmo en todo coma exemplo de boa conduta: incorrupto na doutrina e serio.
8
Ensina unha palabra sa e indiscutible, para que o contrario se avergonce, non tendo nada malo que dicir de nós.
9
Que os escravos se lles sometan en todo ós seus amos e sexan servizais e non respondóns,
10
nin rapineiros; ó contrario, que sexan plenamente fieis e honrados, para faceren honor á doutrina de Deus, o noso Salvador.
11
Porque a graza de Deus viuse que era fonte de salvación para todos os homes.
12
Ela ensínanos que reneguemos da impiedade e das cobizas mundanas e vivamos no mundo presente dun xeito asisado, xusto e respectuoso,
13
Agardando a bendita esperanza e a manifestación gloriosa do noso gran Deus e Salvador Xesús Cristo.
14
El entregouse por nós, para nos redimir de toda iniquidade e purificar para si un pobo escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras.
15
Di estas cousas, exhorta e reprende con toda autoridade; que ninguén te desprece.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3