bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Timothy 1
1 Timothy 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 2 →
1
Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por mandado de Deus, noso Salvador, e de Cristo Xesús, nosa esperanza,
2
A Timoteo, fillo lexítimo na fe, deséxoche a graza, a misericordia e a paz de Deus Pai e de Cristo Xesús, noso Señor.
3
Xa che pedira que quedases en Éfeso, cando eu ía marchar a Macedonia, para lles mandares a algúns que non ensinen doutrinas alleas,
4
nin se afeccionen ós mitos e xenealoxías sen conta; cousas que se prestan máis para discusións, que para a realización do plan de Deus, que se basea na fe.
5
A finalidade desta instrución é o amor, que sae dun corazón puro, dunha conciencia boa e dunha fe sincera.
6
Algúns deles, trabucándose, extraviáronse en lerias;
7
pretenden ser doutores na Lei e non entenden nin o que din nin o que tan rotundamente afirman.
8
Nós sabemos que a Lei é boa, se se usa como cómpre;
9
tendo en conta, que non se dita a Lei para o xusto, senón para os prevaricadores e rebeldes, para os impíos e pecadores, para os profanadores e sacrílegos, para os parricidas e matricidas, para os homicidas,
10
os fornicarios, homosexuais, tratantes de escravos, mentiráns, perxuros e para todo aquel que se opón á boa doutrina,
11
que cadra co Evanxeo da gloria do Deus bendito, que se me confiou.
12
Doulle grazas a Cristo Xesús, noso Señor que me fortaleceu, porque fiou en min, encomendándome o ministerio;
13
A min que fora un blasfemo, perseguidor e inxuriador. Pero compadeceuse, porque eu obrei, por ignorancia, sen ter aínda fe;
14
e a graza do noso Señor sobreabundou coa fe e o amor, que hai en Cristo Xesús.
15
Esta é palabra segura merecente de que todos a acollan: que Cristo Xesús veu ó mundo para salvar os pecadores, dos que eu son o primeiro.
16
Pero por iso mesmo compadeceuse, a fin de que Cristo Xesús amosase en min, o primeiro, toda a súa paciencia coma exemplo para os que habían crer nel para lograr a vida eterna.
17
O Rei dos séculos, inmortal, invisible, único Deus: honra e gloria polos séculos dos séculos! Amén.
18
Vouche facer unha gran encomenda, meu fillo Timoteo, conforme as mensaxes inspiradas que se refiren a ti, para que, apoiado nelas sosteñas un bo combate,
19
Armado de fe e boa conciencia. Algúns rexeitárona e naufragaron na fe;
20
entre eles están Himeneo e Alexandro, ós que entreguei a Satán, para que aprendan a non blasfemar.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6