bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Timothy 5
1 Timothy 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 6 →
1
A un vello non o reprendas con dureza, senón exhórtao, coma a un pai; ós mozos, coma a irmáns;
2
ás vellas, coma a nais; ás mozas, coma a irmás, con toda delicadeza.
3
Honra as viúvas que o son de verdade.
4
Se unha viúva ten fillos ou netos, que aprendan estes primeiro a respectar a propia familia e a corresponderlles ós seus pais, porque isto é o que lle agrada a Deus.
5
A viúva de verdade, a que está desamparada, pon a súa esperanza en Deus e persevera nas oracións e súplicas noite e día.
6
Pero a que se bota á vida do pracer, xa está morta en vida.
7
Recoméndalles estas cousas, para que sexan irreprensibles.
8
Se algún non coida dos seus e maiormente dos da propia familia, renega da fe, é peor ca un non crente.
9
Inscribe coma viúva só a que teña máis de sesenta anos, que for muller dun só marido
10
e con sona de boas obras: se educou ben os fillos, se foi hospitalaria, se lavou os pés dos santos, socorreu os que o estaban pasando mal e aproveitou todas as ocasións de facer o ben.
11
Non inscribas as viúvas novas porque, cando o pracer contrario a Cristo as atrae, queren casar.
12
Incorren así en culpa por teren faltado á primeira fidelidade.
13
O mesmo tempo afanse a ser preguiceiras, andando polas casas; e non só preguiceiras senón tamén baralleiras e falando o que non convén.
14
Quero, logo, que as máis mozas casen, críen fillos, gobernen a casa e non dean motivo ningún de discusión ó inimigo;
15
porque, algunhas xa se extraviaron detrás de Satán.
16
Se algunha crente ten viúvas ó seu cargo, que as asista, de xeito que non sexan un peso para a Igrexa, e así poida esta socorrer as que son de verdade viúvas.
17
Os "presbíteros" que presiden ben son dignos dun dobre honor, maiormente os que se afanan na predicación e no ensino.
18
Porque di a Escritura: non lle porás bozo ó boi que trilla o gran. E tamén: o obreiro ten dereito ó seu xornal.
19
Contra un presbítero non escoites acusación, agás no caso de que dous ou tres testemuñas a sosteñan.
20
Os culpables repréndeos diante de todos, para que os demais collan medo.
21
Pídoche de corazón ante Deus e Cristo e os anxos escolleitos, que gardes estes consellos sen prexuízos e sen facer nada con parcialidade.
22
Non impoñas de seguida as mans a ninguén, para non te faceres cómplice das faltas alleas. Consérvate limpo ti mesmo.
23
Non bebas auga soa, toma un chisco de viño por mor do teu estómago e das túas frecuentes doenzas.
24
Os pecados de certos homes logo se manifestan, xa antes de os levar a xuízo; os doutros, en cambio, só despois do xuízo se descobren.
25
Do mesmo xeito, tamén as obras boas son públicas; e as que non o son tampouco non se poden agachar.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6