bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Timothy 2
1 Timothy 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 3 →
1
Recomendo primeiro de todo que se fagan peticións, oracións, súplicas, accións de grazas en favor de todos os homes,
2
polos reis e por todos os que ocupan altos cargos, para que poidamos ter unha vida calma e serea baseada no pleno respecto mutuo e na decencia.
3
Isto é fermoso e grato a Deus noso Salvador.
4
El quere que todos os homes se salven e cheguen ó coñecemento da verdade.
5
Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús,
6
que se entregou coma rescate por todos. Tal é o testemuño dado no tempo oportuno.
7
A min fíxome o seu pregoeiro e apóstolo digo a verdade e non minto, mestre dos xentís na fe e na verdade.
8
Por iso quero que en todos os sitios recen os homes levantando as mans limpas, sen ira nin discusións.
9
Do mesmo xeito tamén as mulleres, con vestido decente, con reverencia e modestia, que se adornen non con rizos, nin con ouro, nin margaridas, nin vestidos luxosos,
10
senón coas boas obras, como cómpre a mulleres que profesan unha piedade verdadeira.
11
A muller que aprenda en silencio e con toda submisión.
12
Non lle consinto á muller que ensine, nin domine ó home, senón que estea calada.
13
Porque primeiro crearon a Adam, despois a Eva.
14
E a Adam non o enganaron, senón que a muller se deixou enganar e caeu no pecado.
15
Salvarase, non obstante, grazas á súa maternidade, se se mantén na fe, no amor, na santidade e na modestia.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6